29/09/2026
🤖 Hoxe comezamos unha nova formación en IA aplicada á educación de Juventud
Hai moitas opinións arredor da Intelixencia Artificial, pero como educadora hai algo que teño bastante claro: ante esta realidade temos dúas opcións, prohibir ou educar no seu uso.
E eu quedo coa segunda.
Os nosos rapaces e rapazas xa conviven con estas ferramentas, e o risco non está tanto en que as utilicen como en que o fagan sen entender como funcionan, sen cuestionar as respostas que reciben ou delegando nelas unha capacidade profundamente humana: pensar, reflexionar e formarse o seu propio criterio.
Por iso tamén considero fundamental que nós, como profesionais da educación, sigamos formándonos.
Para poder ensinarlles a preguntar mellor, contrastar información, detectar erros, identificar sesgos e decidir cando a IA pode ser unha boa ferramenta… e cando é importante parar, pensar, resolver e crear por si mesmos. 🧠✨
Non se trata de que a IA pense por eles, senón de ensinarlles a pensar tamén cando utilizan IA.
E ti, que opinas da IA na educación?