A&B Comunicación e Deseño

A&B Comunicación e Deseño A&B é comunicación, deseño e creatividade
A&B somos Ainhoa e Blanca

27/01/2026

Compartimos un recordo moi especial do 2025: o vídeo do 8M creado para o Concello de Toén . Unha peza feita para visibilizar a forza, a presenza e o talento das mulleres.

Para o vídeo tivemos un reparto de luxo formado por veciñas do Concello, ás que queremos saudar e enviar un forte abrazo dende O Ribeiro🫂

22/01/2026

Este pasado mes de decembro estivemos traballando no vídeo de Nadal de 🎄, no que, ademais de guión, cámaras e luces, puxemos un chisco de figuración 🙃. Entre risas e momentos moi doces, descubrimos que parar un intre e deixarse levar pola calma tamén forma parte do noso traballo.

O proxecto veu da man de David, de Arela Comunicación Sostible, con quen levamos anos colaborando e creando historias con sentido.

17/01/2026

🌿 Coidar o que visitamos: turismo respectuoso na Rede Natura 2000

En marzo de 2025 estivemos traballando da man do equipo de 🌍❤️ na creación dunha serie de pequenos vídeos para o Concello de Parada de Sil. Estes vídeos serven de apoio á Guía das boas prácticas na natureza na Rede Natura 2000 de Parada de Sil, creada tamén por eles.

Unha xornada de gravación nun fermoso día de primavera no Canón do Sil serviu para poñer en valor a importancia de g***r do territorio con respecto, coidado e responsabilidade.

O resultado son varias pezas audiovisuais centradas en boas prácticas para diferentes formas de visita, co obxectivo de promover un turismo sostible nun espazo único incluído na Rede Natura 2000.

Aquí podedes ver o vídeo creado para falar das visitas en cicloturismo; se queredes ver os outros tres, atoparédelos na nosa canle de YouTube 🎬

Esperamos que entre todas as responsabilidades, os nosos traballos, aficións e, en definitiva, o ritmo frenético da vida...
23/12/2025

Esperamos que entre todas as responsabilidades, os nosos traballos, aficións e, en definitiva, o ritmo frenético da vida, atopemos o tempo para ser desfrutonas este Nadal 🥂🎄
Moi boas festas a todas e todos!

Ainhoa e Blanca 💜

26/09/2025

🎬 Que sería da cultura sen persoas que a organizan, a coidan e a proxectan cara ao futuro?

Este vídeo quixemos facelo como unha xanela aberta a ese mundo: o da xestión cultural, un ámbito diverso, creativo e necesario, que hoxe estudan as novas xeracións de profesionais na Facultade de Humanidades da USC en Lugo.

Un proxecto que chega da man de , cómplices con quen compartimos ilusión, ideas e maneiras de entender a comunicación. 🙌 Grazas, David e Ana, por confiar de novo en nós.

A verdade… facéndoo déronnos ganas de volver ás aulas e seguir aprendendo desta profesión tan apaixonante 💡

No restaurante .cocinaenbrasas, da cidade de Ourense, confiaron en nós para dar vida ás súas redes sociais con fotografí...
23/09/2025

No restaurante .cocinaenbrasas, da cidade de Ourense, confiaron en nós para dar vida ás súas redes sociais con fotografías e vídeos que transmitan a súa esencia. Dende a súa apertura en xuño de 2024 encargámonos, con moito agarimo, da xestión das súas redes, e de probar os seus deliciosos pratos cando temos ocasión. Unha delicia!

Se tes un proxecto bonito ao que darlle unha vida online, somos a túa equipa! Falamos?
En A&B Comunicación axudamos a proxectos como o teu a crecer nas redes sociais:
➡ Xestión integral de contidos
➡ Estratexias para atraer clientes
➡ Creatividade e proximidade

Este foi o noso primeiro cartaz para a MIT. Nese ano, ela e nós cumpriamos 30 anos. O noso inicio como deseñadoras para ...
28/07/2024

Este foi o noso primeiro cartaz para a MIT.
Nese ano, ela e nós cumpriamos 30 anos.
O noso inicio como deseñadoras para o festival foi grazas á confianza do que xa era o noso amigo Roberto Pascual. Xa levabamos uns aniños compartindo con el a taquilla, moito teatro e grandes tertulias entre viños.

Medramos profesionalmente e persoalmente, ata chegar a ser algo así como xefas de produción. Medramos e desfrutamos ao seu carón, e ao de Bea, Fran, Fabrice, Rosiña, Coco... E moítisimas outras profesionais e voluntarias que deixan a súa pel para que a MIT saia adiante cada ano. Grazas a todas por compartir connosco o camiño.

Hoxe imos recoller un Castelo cheo de arte xunto ás nosas grandes voluntarias de produción! As sillas mandan💜
E tamen contigo, .pascual.rodriguez, con quen seguiremos compartindo momentos de por vida porque es parte de A&B e tes un anaquiño dos nosos corazóns.

Grazas por TODO ❤️‍🔥

Filloas, mázcaras, pantallas, orellas, botarga, peliqueiros, androlla, charanga, cigarróns, xenerais, boteiros, xastreu,...
08/02/2024

Filloas, mázcaras, pantallas, orellas, botarga, peliqueiros, androlla, charanga, cigarróns, xenerais, boteiros, xastreu, volantes, merdeiros, cachucha, madamas e galáns, oso, Ravachol, felos, comadres e compadres, mecos, chulas, choqueiros, vellaróns, troteiros, pita, vergalleiros...
ᐯIᐯᗩ O EᑎTᖇOIᗪO GᗩᒪEGO!
E vivamos as entroideiras!

“amphora” é un viño tinto elaborado no Ribeiro polos viticultores Alfredo Fernández e Javier López.É produto dun traball...
15/01/2024

“amphora” é un viño tinto elaborado no Ribeiro polos viticultores Alfredo Fernández e Javier López.
É produto dun traballo realizado con agarimo e tamén coa sabiduría que dan anos de achegamento á natureza, á terra e á marabillosa cultura do viño. Unha das cualidades que fan este viño moi especial é que está elaborado en ánfora e vai ter unha tirada de só 700 botellas, co cal estamos ante un viño plurivarietal especial, exclusivo e atípico, feito con uvas provenientes dunha finca moi antiga situada en Castrelo de Miño.
Para este exquisito Ribeiro Alfredo e Javier uniron forzas e falaron connosco para poñerlle imaxe á súa nova creación. Para vestir a súa botella (borgoña) chegamos á conclusión de que buscabamos un deseño de etiqueta limpo, claro e elegante pero ao mesmo tempo que non perdera modernidade.
Ademais tamén tiñamos claro dende o comezo que a paleta de cores debería estar perto de tonalidades cálidas e cores terra ou rosados. E velaquí o resultado.

Adoramos traballar en proxectos que nos vinculen ao territorio e con persoas que o respectan e o queren tanto coma nós.

Cando probedes o viño dádesnos a vosa opinión 😉

Unha nova creación para o noso cartafol.Grazas, Alfredo e Javier!
15/01/2024

Unha nova creación para o noso cartafol.
Grazas, Alfredo e Javier!

amphora “amphora” é un viño tinto elaborado no Ribeiro polos viticultores Alfredo Fernández e Javier López. É produto dun traballo realizado con agarimo e tamén coa sabiduría que dan os anos de achegamento á natureza, á terra e á marabillosa cultura do viño. Para este exquisito Ribeir...

10 anos e moitos quilómetros 🙌 É que poñer a mochila e marchar de viaxe é un ✨puto✨ pracer! Moitas aventuriñas vivimos d...
07/12/2023

10 anos e moitos quilómetros 🙌

É que poñer a mochila e marchar de viaxe é un ✨puto✨ pracer!

Moitas aventuriñas vivimos día a día no noso estudio pero... Pasar o tempo de lecer viaxando xuntas é o que fai e fixo que A&B medrase, iso seguro 💜

A&B somos unha empresa si, pero ante todo somos dúas grandes 🖤irmás-amigas🖤 con moitos proxectos en común. Viaxar, un deles! Cal será a vindeira parada?

✨ A&B COMUNICACIÓN, DESEÑO E FESTAZAS ✨Moitísimas grazas a todas as persoas que vos animastes a vir festexar connosco 10...
27/11/2023

✨ A&B COMUNICACIÓN, DESEÑO E FESTAZAS ✨
Moitísimas grazas a todas as persoas que vos animastes a vir festexar connosco 10 anos de deseño, de amizade, de creación e de ledicia!
Empanada, queixo, viño do Ribeiro, boa música e a vosa compaña. Non precisamos máis!
Foi unha festa preciosa. Grazas polos agasallos, os sorrisos e os chin-chin.

Avisamos, non imos esperar outros 10 anos para a seguinte festa! Quedamos con ganas de máis e de vervos festexando no estudio connosco. Fixéstesnos moi felices!

G💜R💜A💜Z💜A💜S

Dirección

Ribadavia, Ourense, Galiza
Ribadavia

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando A&B Comunicación e Deseño publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a A&B Comunicación e Deseño:

Compartir