21/07/2026
Xestionar as redes dun bar en Sanxenxo non é o mesmo que xestionar as dun en Madrid.
O contexto é todo.
O cliente de aquí coñece as referencias locais.
Entende o galego.
Sabe que festas son en agosto e que pasa cando chove tres semanas seguidas en febreiro.
Ese coñecemento non se pode subcontratar a alguén que está a 800 quilómetros e nunca pisou a zona de O Salnés.
Eu vivo aquí.
Coñezo aos teus clientes porque son os meus veciños.
Iso nótase no contido.
E os teus clientes tamén o notan.