COSTA Comunicación Visual

COSTA Comunicación Visual COSTA Comunicación Visual es un estudio de branding y diseño gráfico dirigido por Dani Bembibre, diseñador, y David Silvosa, diseñador y arquitecto.

CAbe arranca estes días.Para esta nova etapa de Coruña Arte Aberta (corunarteaberta) desenvolvemos unha identidade pensa...
18/09/2026

CAbe arranca estes días.

Para esta nova etapa de Coruña Arte Aberta (corunarteaberta) desenvolvemos unha identidade pensada tanto para acompañar a edición como para construír unha marca capaz de medrar e permanecer no tempo.

CAbe nace de Coruña Arte Aberta, pero tamén do verbo caber: unha idea que resume o carácter dunha mostra na que teñen espazo diferentes propostas, disciplinas e lugares da cidade.

Construímos un identificador compacto e flexible que funciona como elemento gráfico, expandíndose, transformándose e ocupando o espazo nas distintas aplicacións. Un sistema sinxelo e adaptable, pensado para acompañar o contido e manter a súa identidade en calquera contexto.

Unha marca aberta para unha escena que non deixa de expandirse.

📷 Lucia Castro

Finsa. Solidez para liderar.¿Cómo ordenar una marca con décadas de trayectoria, un amplio portafolio y una dimensión glo...
11/09/2026

Finsa. Solidez para liderar.

¿Cómo ordenar una marca con décadas de trayectoria, un amplio portafolio y una dimensión global?

Desde Costa trabajamos junto a Finsa (Grupo Finsa) para construir una identidad capaz de reforzar su posición como marca matriz, simplificando su arquitectura y dando coherencia a un sistema hasta entonces fragmentado.

La evolución de las siglas FINSA al nombre Finsa acompaña ese cambio: una denominación más cercana para una marca que combina solidez industrial, innovación y sensibilidad hacia el diseño. A partir de ahí, desarrollamos un sistema visual común, flexible y reconocible, preparado para funcionar de forma consistente en todos sus soportes.

Un proyecto que trasciende la identidad visual y se integra en la propia organización a través de un programa de cultura de marca, haciendo partícipes del cambio a las distintas áreas de la compañía.

Porque una marca sólida no solo se reconoce: se comparte, se aplica y se construye desde dentro.

Arenal. Estar bien.¿Cómo hacer evolucionar una marca consolidada sin perder la cercanía que la hizo crecer?Desde Costa t...
04/09/2026

Arenal. Estar bien.

¿Cómo hacer evolucionar una marca consolidada sin perder la cercanía que la hizo crecer?

Desde Costa trabajamos con Arenal (Arenal Perfumerías) para construir una identidad capaz de ir más allá de lo funcional y sumar sofisticación, diferenciación y deseabilidad. Una evolución que parte de lo que ya era reconocible para desarrollar un lenguaje visual más contemporáneo, versátil y luminoso.

Una tipografía propia, un nuevo sistema ilustrativo y un tono de voz claro y cercano construyen un universo coherente capaz de trasladarse a todos los puntos de contacto de su comunicación global, desde la tienda hasta el entorno digital.

Una identidad que mantiene la proximidad de un negocio familiar y la combina con la aspiración de una marca preparada para seguir creciendo.

Comercio Galego. Unha marca para activar vida.O comercio de proximidade non é só transacción: é encontro, relación, iden...
28/08/2026

Comercio Galego. Unha marca para activar vida.

O comercio de proximidade non é só transacción: é encontro, relación, identidade e vida compartida.

Desde Costa desenvolvemos para a Xunta de Galicia a identidade de Comercio Galego (Comercio galego Xunta de Galicia), unha marca común para apoiar, recoñecer e fortalecer o comercio a pé de rúa en Galicia.

O sistema nace dunha C en movemento que se repite, que xira, que se entrega e se conecta, representando ese intercambio continuo entre comercios, persoas e comunidades. Da súa repetición xorde unha flor: unha síntese da vida, o coidado, a beleza compartida e a prosperidade que o comercio é capaz de xerar ao seu redor.

Unha identidade modular e flexible, pensada para convivir con establecementos, campañas, sinalización e comunicación institucional sen perder cohesión. Unha marca que florece, pero que tamén nos lembra que, como todo aquilo que está vivo, o comercio necesita ser coidado para seguir medrando e dando vida ao seu redor. Porque con tendas abertas temos comunidades vivas.

Xunta de Galicia. Unha identidade común.Como construír unha identidade capaz de representar unha administración con máis...
21/08/2026

Xunta de Galicia. Unha identidade común.

Como construír unha identidade capaz de representar unha administración con máis de 70 organismos e 100 marcas dependentes?

Desde Costa abordamos a actualización da identidade da Xunta de Galicia (Xunta de Galicia) como un exercicio de claridade, coherencia e lexitimidade institucional. Reforzamos a marca principal, definimos unha arquitectura capaz de organizar a súa convivencia coas distintas identidades públicas e desenvolvemos un sistema preparado para funcionar en todos os soportes e contextos.

O escudo permanece como símbolo histórico e a nova Xunta Sans, desenvolvida xunto a NM Type, convértese na linguaxe común de toda a administración: a primeira tipografía institucional propia e aberta da Xunta de Galicia.

Unha identidade pensada para ordenar a complexidade, unificar sen homoxeneizar e funcionar con consistencia en calquera escenario.

Cervezas 1906. Para una inmensa minoría.Una familia de cervezas con mucho carácter necesitaba una identidad capaz de hab...
13/08/2026

Cervezas 1906. Para una inmensa minoría.

Una familia de cervezas con mucho carácter necesitaba una identidad capaz de hablar con una sola voz sin renunciar a la personalidad de cada una.

Desde Costa trabajamos junto a 1906 (Cervezas 1906) en un sistema que equilibra continuidad y renovación. Mantuvimos elementos con un gran valor de reconocimiento, como su logotipo manuscrito, y construimos nuevos códigos gráficos, cromáticos y compositivos que permiten a cada variedad expresarse con identidad propia dentro de un universo común. Una identidad flexible y cohesionada, pensada para funcionar desde el packaging hasta el entorno digital y conectar con públicos más diversos sin perder aquello que hace reconocible a 1906.

Cervezas 1906 se consolida así como una marca cohesionada, con identidad propia y capacidad de competir en un mercado saturado. Con mayor alcance, conexión con audiencias diversas y una nueva plataforma para lanzarse hacia el futuro.

Onte celebrouse a entrega dos Premios María Josefa Wonenburger Planells, unha edición moi especial na que se recoñece o ...
30/07/2026

Onte celebrouse a entrega dos Premios María Josefa Wonenburger Planells, unha edición moi especial na que se recoñece o labor de dúas científicas de referencia: África González, Premio 2025, e Yolanda Prezado, Premio 2026, que lideran desde Galicia proxectos pioneiros de investigación con impacto internacional.

Para esta edición tivemos a oportunidade de desenvolver a identidade gráfica completa do evento para a Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia (Xunta de Galicia Fabiola García), creando unha marca propia e un sistema visual capaz de acompañar todas as pezas e soportes.

O proxecto comprende o deseño da identidade, a dirección de arte e o desenvolvemento de todo o universo gráfico do premio: peza audiovisual de marca, escenografía, exposición dedicada ás premiadas, dirección creativa dos vídeos documentais e a implementación gráfica integral do evento.

Un orgullo contribuir a dar visibilidade ao talento e ao legado de dúas mulleres que representan a excelencia científica e o papel transformador da investigación feita desde Galicia.

📷 As fotografías 4, 5, 6 e 7 foron cedidas por Michael Mood

Onte celebrouse a entrega dos Premios María Josefa Wonenburger Planells, unha edición moi especial na que se recoñece o ...
30/07/2026

Onte celebrouse a entrega dos Premios María Josefa Wonenburger Planells, unha edición moi especial na que se recoñece o labor de dúas científicas de referencia: África González, Premio 2025, e Yolanda Prezado, Premio 2026, que lideran desde Galicia proxectos pioneiros de investigación con impacto internacional.

Para esta edición tivemos a oportunidade de desenvolver a identidade gráfica completa do evento para a Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia (Xunta de Galicia Fabiola García), creando unha marca propia e un sistema visual capaz de acompañar todas as pezas e soportes.

O proxecto comprende o deseño da identidade, a dirección de arte e o desenvolvemento de todo o universo gráfico do premio: peza audiovisual de marca, escenografía, exposición dedicada ás premiadas, dirección creativa dos vídeos documentais e a implementación gráfica integral do evento.

Un orgullo contribuir a dar visibilidade ao talento e ao legado de dúas mulleres que representan a excelencia científica e o papel transformador da investigación feita desde Galicia.

Abrimos as portas do noso novo espazo coa vontade de seguir construíndo xunto a todas as persoas que nos acompañan.Unha ...
21/06/2026

Abrimos as portas do noso novo espazo coa vontade de seguir construíndo xunto a todas as persoas que nos acompañan.

Unha ocasión para celebrar, reencontrarnos e brindar por todo o que está por vir.

Na costa comeza o horizonte.

📷 Lucia Castro

O espazo dun estudo de deseño é un lugar onde se traballa, pero tamén onde conectan unhas persoas con outras, unhas empr...
19/06/2026

O espazo dun estudo de deseño é un lugar onde se traballa, pero tamén onde conectan unhas persoas con outras, unhas empresas con outras. Un lugar de acción e de execución, pero tamén de paso e reflexión. Costa é un vaso comunicante entre persoas, clientes, empresas e o mundo.

Queremos que o noso novo espazo sexa un lugar para facer, pero tamén un lugar para conversar, para pensar, para aprender e para que sucedan cousas.

Costa existe porque cremos que o deseño axuda a que os negocios e as organizacións funcionen mellor. Porque sabemos que o deseño mellora o mundo no que vivimos.

Agora deseñamos o noso espazo como o sitio que sempre quixemos habitar, un lugar onde facer colectivamente que o deseño suceda. Porque ás veces case importa máis o que pasa por Costa que o que pasa en Costa.

📷 Lucia Castro

Dirección

Calle Real, 55 1ºIzda
A Coruña
15003

Teléfono

981 22 96 62

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando COSTA Comunicación Visual publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a COSTA Comunicación Visual:

Atajos

Compartir

Categoría