19/03/2026
Entre novembro de 1976 e agosto de 1977 un modesto semanario viviu a aventura de ser a primeira publicación periódica integramente en galego.
Teima é unha ollada privilexiada para coñecer o convulso ambiente político e social deses momentos, pero tamén para descubrir os primeiros pasos dunha xeneración de xornalistas que logo habían ter un longo percorrido nos medios e na cultura galega.
O Consello da Cultura Galega pon a disposición pública a colección íntegra desta revista, arroupado con artigos do seu director, Ánxel Vence, unha visita guiada polos seus contidos a cargo do xornalista Luis Villamor e deseñada por Xosé Manuel G. Vilasó.
🌐 https://consellodacultura.gal/especiais/teima/