Arela Comunicación Sostible

Arela Comunicación Sostible Desenvolvemos proxectos de comunicación con conciencia, que se preocupan polo sitio no que están e

En Arela estamos afeitos a traballar e construír dende lugares pequenos e aos que se lles saca pouca rendibilidade; desde As Pontes de Gatín (Os Ancares) e Rebordechán (no Concello de Crecente). Son lugares nos que é obrigatorio buscar e poñer en valor os recursos que temos ao noso redor. Lugares nos que nos gusta vivir, dende os que inspirarse e traballar conectados con empresas e profesionais de calquera outro punto de Galicia ou do mundo. Un día, no ano 2012, coincidimos e confiamos en que se podía traballar nunha axencia de marketing en Corcubión, porque alí hai empresas, autónomos, proxectos…, que teñen algo que dicir. Do que alí aprendemos e do que despois vivimos resulta Arela; do desexo, da convicción de que somos moitos os que miramos o mundo cos mesmos ollos e temos coidado da terra que pisamos. Estamos rodeados de empresas, de profesionais, que traballan e que constrúen a sociedade que imaxinamos. A nosa responsabilidade é empregar os medios ao noso alcance –as páxinas web, os blogs, as redes sociais, os medios de comunicación tradicionais…–, para que a túa mensaxe chegue o máis lonxe posible. Presumimos de sostibles porque nos gustan os proxectos que se preocupan por eles mesmos, pero tamén pola xente que teñen ao seu carón e polo sitio no que están. Porque non che imos vender o que non necesitas; así non se constrúe nada. E porque nos respectamos, os primeiros, a nós e ás persoas que traballan ao noso lado.

Dirección

LG Pontes De Gatín 1
Becerreá
27640

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 18:00
Martes 09:00 - 18:00
Miércoles 09:00 - 18:00
Jueves 09:00 - 18:00
Viernes 09:00 - 18:00

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Arela Comunicación Sostible publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Arela Comunicación Sostible:

Atajos

Compartir