20/02/2026
"O tamaño importa... pero conta máis a experiencia... e, sobre todo, saber usala (a cámara)"
Hoxe conmemórase o "Día Internacional do Fotógrafo e Camarógrafo" e nós podemos celebralo tirando de memoria e de experiencia, sendo unha familia privilexiada que vivimos na nosa propia casa as innumerables evolucións tecnolóxicas do audiovisual profesional desde a década de 1960, tanto en fotografía como en vídeo: do cine 16mm e grabación de sonido con claqueta ao vídeo, do U-matic ao Betacam, do analóxico ao dixital…
Esta imaxe ilustra un salto de tecnoloxía de máis de medio século: desde esta xoia de cámara de fuelle Calumet de placas 9x12 con obxectivo Schneider, daquelas primeiras cámaras profesionais de estudio e paisaxe coas que o noso pai Sergio realizaba fotos murais para familias e locais comerciais; ata as pequenas cámaras dixitais de alta resolución coas que grabamos secuencias de acción ou escenas timelapse industriais ou de paisaxe.