29/04/2021
20% Inspiración / 80% Transpiración
No lémbrome desta "clave do éxito" que comentaba nunha recente charla Carmina Ocaña, mestra de cunha ampla traxectoria, e mestra tamén da miña profe 🥰 Escola De Danza Maite Quiñones.
E así é. Claramente. Os bos resultados requiren tempo, traballo e paixón.
Moitas veces penso na pegada que a deixou en min, no que aprendín,e saen infinidade de cousas: escoitar, sentir, transmitir, coordinar, formar grupo, ser consciente, paciente, lograr superar límites, medrar soa e medrar tamén sumando, supoñendo unha axuda para brillar en equipo, fracasar e ter moi malos días!...e por diante de todo DISFRUTAR, tanto do proceso como da posta en escena.
Eu empecei algo máis tarde que as miñas compañeiras e de feito na primeira clase sentinme un verdadeiro pato. Miña nai preguntoume "¿que tal? Si non queres non tes por qué ir". Pero si, a motivación naceu de min e seguín probando.
Bailar volveuse a forma de expresarme onde me sinto cómoda. Un lugar onde comunicalo todo. E un par de veces ó mes necesito esas clases (agora de danza contemporánea con Alejandra Balboa) que me fan tan FELIZ 😃 e máis que houbese! Supoño que como os músicos...tamén se sinten felices cando atopan esa linguaxe propia.
Ó final, todo inflúe nas persoas que somos, e agora xa me coñecedes algo máis. ¿Hai bailarinas e bailaríns por aquí? 😊😊😊 Ou practicades outro tipo de expresión artística? 🧐
Por certo! Celebración dobre 🤪 Feliz a todas as compañeiras de Publicidade!!!! pola nosa patrona da 👏🎉🎊🎈 Non podía esquecerme 🍻
Imos facer rollo influencer 😛👇
Foto: kodamamediaworks
Vestuario: La Böcöque
Pelu: Maria A Pastoriza
Makeup: Neli Paredes Centro de Estética