Distrito Xermar

Distrito Xermar Fotografía - Deseño Gráfico - Servizos Gráficos fotografía / deseño gráfico /asesoría gráfica

Hoxe comparto algo que me fai moita ilusión. Un grupo de creadores escolleu o meu libro "Silencios" para un dos seus tra...
29/06/2026

Hoxe comparto algo que me fai moita ilusión. Un grupo de creadores escolleu o meu libro "Silencios" para un dos seus traballos, e o resultado é magnífico: un traballo coidado, sensible e cheo de mirada propia. Vese que se implicaron de verdade.

Sínteme moi orgulloso de que, entre tantas posibilidades, me escollesen a min e a este proxecto. Que unha nova xeración se pare a ler, interpretar e dialogar coa túa obra é o mellor que lle pode pasar a un traballo e a un traballador da fotografía.

Grazas de corazón polo voso esforzo e pola vosa sensibilidade.

Se alla dina favoriter bland videor och musik, ladda upp originalinnehåll och dela allt med vänner, familj och hela världen på YouTube.

Bo San Xoán, Carballo.Un ano máis, a revista das festas sae do noso estudo. Levámola facendo desde hai anos, da captació...
06/06/2026

Bo San Xoán, Carballo.

Un ano máis, a revista das festas sae do noso estudo. Levámola facendo desde hai anos, da captación de anunciantes ao arquivo final de imprenta, pasando polo deseño dos anuncios e a maquetación enteira.

Grazas aos negocios e colaboradores que a fan posible edición tras edición. Que a disfrutedes.

La localidad inicia su mes más grande con vistas a «sete días de festa» que se extenderán a todo junio. Así fue la presentación y así será el programa

23 de febreiro. Día de Rosalía de Castro. Lectura pública da súa obra. Seguimos lendo. Seguimos vivos.
23/02/2026

23 de febreiro. Día de Rosalía de Castro. Lectura pública da súa obra. Seguimos lendo. Seguimos vivos.

Sempre resulta gratificante colaborar con ADEGA
13/02/2026

Sempre resulta gratificante colaborar con ADEGA

17/12/2025

Impulsada por Distrito Xermar, a iniciativa busca sacar a historia dos espazos tradicionais

Hoxe presentamos no Arquivo do Reino de Galicia un proxecto no que levamos moito tempo traballando desde Distrito Xermar...
17/12/2025

Hoxe presentamos no Arquivo do Reino de Galicia un proxecto no que levamos moito tempo traballando desde Distrito Xermar.

Un deseño de manteis de mesa para hostalería sobre o antigo Reino de Galiza, pensados como unha ferramenta de divulgación histórica desde algo tan cotián como compartir mesa.

Un proxecto que une deseño gráfico, ilustración e investigación histórica, cun mapa interpretativo do Reino de Galiza que non é decorativo, senón pensado para axudar a entender o territorio, as cidades, os camiños e os símbolos da nosa historia medieval.

A investigación histórica corre a cargo de Adrián Martínez Garrido, e foi un luxo contar hoxe coa presenza e o acompañamento de Felipe Senén, unha referencia na divulgación do patrimonio e da cultura galega.

Grazas tamén á Deputación da Coruña e a Avia Veira polo apoio a través dos Fondos de Proxectos Culturais Reino de Galicia. Sen este tipo de programas públicos, proxectos como este non serían posibles.

Primeira tirada de 100.000 unidades, que se distribuirán ao longo da provincia da Coruña.

Seguimos apostando por levar a historia á vida cotiá, con rigor, con deseño e sen complexos.

Mañá, mércores, presentamos un proxecto chulo. Vente velo de primeira man!
16/12/2025

Mañá, mércores, presentamos un proxecto chulo. Vente velo de primeira man!

23/11/2025

Moi felices por iniciar esta nova andaina con ADEGA.

Lembra. Venres 21 ás 20.30 h no auditorio de Cerceda.
07/11/2025

Lembra. Venres 21 ás 20.30 h no auditorio de Cerceda.

Presenta o seu fotolibro 'Silencios' no auditorio de Cerceda o venres 21 de novembro

Dirección

Cerceda
15185

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Distrito Xermar publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir