11/09/2026
Boas noticias para a volta! 🎉
Parece ser que a IA pode acabar coa humanidade antes de 2030. Hurra! Xa queda menos para a xubilación! Jijiiji
Eu xa sabía que tiña que reinventarme.... pero tan rápido!?😂
A verdade é que no deseño a cousa vai a toda h**a 🚀. Hai traballos que antes necesitaban horas e que agora unha IA pode resolver en minutos e non me refiro ao chorreo de carteis “anuncia-todo” que están por todas partes. Non, isto vai moito máis alá e non vale darlle as costas.
Nesta volta ao cole levo uns días preguntándome:
Que quero facendo eu? �Que valor podo aportar a diferencia dunha IA?�Que problemas de comunicación merece a pena que axude a resolver?
E penso que por aquí inda hai un furadiño para meter a cachola.
Quizais, menos «faime un cartel» e máis de «temos 80 páxinas, tres tipos de público e un kit que ten que funcionar. Podes encargarte?».
Imos ir vendo.
Mentres tanto, que teñas moi bo día e se ten que chegar o apocalipse, que nos pille bailando unha muiñeira 💪