13/05/2026
🟡 ATENCIÓN EMPRESAS
🤝 Queres que a túa empresa forme parte da IV Festa dos Callos?
A organización da IV Festa dos Callos(1 de Agosto) abre o prazo de colaboración para aquelas empresas que desexen formar parte do evento como patrocinadoras.
🔹 Hai dúas vías para colaborar:
1️⃣ Participación no cartel publicitario oficial (30€)
A empresa deberá facernos chegar o seu logotipo ou tarxeta corporativa.
A súa marca será incluída no cartel publicitario da festa como empresa colaboradora.
Unha forma directa de dar visibilidade ao seu negocio nun evento con ampla asistencia.
2️⃣ Doazón para os sorteos da festa
Consiste na achega de produtos, servizos, vales regalo ou similares.
O día do evento, estes premios formarán parte do listado oficial de sorteos.
Os asistentes poderán participar nos sorteos adquirindo rifas que se venderán no recinto durante a xornada na Horta do Muíño.
📌 Ambas modalidades de colaboración desgravan no IRPF.(Preciso datos de empresa)
📞 INFORMACIÓN E CONTACTO
As empresas interesadas poden poñerse en contacto coa organización a través de:
😊Traballadores/as
📱 Teléfono: 881 08 38 60
📧 Correo electrónico: [email protected]
Se queres saber máis pulsa na seguinte ligazón: https://www.adisbismur.es/blog/eventos/colaboracion-empresas-iv-festa-dos-callos/