Sondeou

Sondeou Expertos en comunicación visual

Esta fin de semana estivemos no VI Congreso da Muller Rural, organizado polo  e celebrado en A Pobra de Trives. E aquí p...
22/02/2026

Esta fin de semana estivemos no VI Congreso da Muller Rural, organizado polo e celebrado en A Pobra de Trives. E aquí podedes ver un pequeno resumo do relacionado có congreso. As integrantes do coche e o coche están ben, complicacións do momento 😅

Un pracer escoitar a e sumar mirada sobre o presente e o futuro da muller no rural.

Para foi moito máis ca asistir a un evento, foi ampliar rede, facer contactos, detectar oportunidades e engadir novos referentes. Coñecemos o traballo das mulleres que nos rodean e confirmamos algo importante: moitas das inquedanzas que vivimos como emprendedoras tamén as están vivindo outras. Compartilo, dálle forza ao proceso.

O domingo seguimos coñecendo empresas do territorio e visitando proxectos liderados por:

• Lucía Martínez Martín
• Feliz Álvarez
• Marisol Borrajo

Historias reais, aprendizaxes e moita verdade.
Seguimos.

Como bos ourensáns… amamos o Entroido.Gústanos vivir a raíña das festas a pé de rúa, coa pel de galiña, coa música retum...
18/02/2026

Como bos ourensáns… amamos o Entroido.
Gústanos vivir a raíña das festas a pé de rúa, coa pel de galiña, coa música retumbando e o latexar das máscaras.

Non podemos dividirnos nin estar en todos á vez… pero levamos máis de 20 anos desfrutando o Entroido de Xinzo. Criámonos coa figura da Pantalla, correndo, rindo e aprendendo o que significa defender a tradición 💛

E aínda así… amamos todas as figuras do Entroido.
Cada máscara. Cada traxe. Cada historia que hai detrás.
Porque todas representan algo máis ca festa: son identidade, memoria e orgullo de terra.

Agardamos que tiverades un Entroido inesquecible…
e que veñan moitos máis, sempre xuntos e sempre con respecto.

Viva o Entroido! 🎭🔥

COMO CONSEGUIR A TÚA ENTRADA?Tes varias opcións:🛍️ Compra presencialPodes mercar a túa entrada na tenda Musuko (centro c...
16/02/2026

COMO CONSEGUIR A TÚA ENTRADA?

Tes varias opcións:

🛍️ Compra presencial
Podes mercar a túa entrada na tenda Musuko (centro comercial).

🌐 Reserva online
Entra en 👉 sondeou.studio/trotaventos
Enche o formulario e realiza o pago por Bizum ao número:
📲 +34 629 163 901
(Indica nome e día do evento no concepto).

🏛️ O propio día do evento
Na Bodega Casal de Virmadeus a partir das 21:00 h.
⚠️ Recomendamos non agardar ao último momento. Non garantimos que queden entradas dispoñibles.

QUEDACHES SEN ENTRADA?

Tranquilidade 😉 Isto non remata aquí.

En Trotaventos seguimos creando eventos para persoas que queren romper coa rutina, coñecer xente nova e vivir experiencias diferentes nun ambiente coidado e real.

✨ Non quedes fóra do próximo.

• Segue a SondeOU en Facebook e Instagram
• Entra na nosa web no apartado de Trotaventos
• Reserva con antelación para asegurar a túa praza

📞 Para información directa ou reservas tamén podes chamar ou escribir por WhatsApp ao:
695 56 57 36

As prazas son limitadas.
O seguinte evento pode ser o que estabas esperando.

TROTAVENTOS nace como un proyecto dedicado a la organización de eventos y experiencias para personas solteras y para qui...
05/02/2026

TROTAVENTOS nace como un proyecto dedicado a la organización de eventos y experiencias para personas solteras y para quienes disfrutan haciendo planes en solitario.

Una propuesta centrada en lo presencial, en los planos compartidos, en la experiencia y en la interacción real, lejos de las aplicaciones digitales y de los formatos de ocio convencionales.

Detrás de Trotaventos están SondeOU y Webrains Group , uniendo estrategia, diseño y comunicación para crear eventos con identidad propia y un lenguaje visual dinámico, colorido y cuidado.

El nombre surge como un juego de palabras entre trotaconventos (figura clave del Libro de buen amor y precedente director de La Celestina) y la idea de trotar de evento en evento: personas que se mueven, se encuentran y se dejan llevar, como el viento.

📍 Próximos eventos en Galicia, Ávila y Madrid
🔔 Muy pronto, nuevas fechas y experiencias

TROTAVENTOS nace como un proxecto dedicado á organización de eventos e experiencias para persoas solteiras e para quen goza facendo plans en solitario.

Unha proposta centrada no presencial, nos planos compartidos, na experiencia e na interacción real, lonxe das aplicacións dixitais e dos formatos de lecer convencionais.

Detrás de Trotaventos están SondeOU e , unindo estratexia, deseño e comunicación para crear eventos con identidade propia e unha linguaxe visual dinámica, colorido e coidado.

O nome xorde como un xogo de palabras entre trotaconventos (figura clave do Libro de bo amor e precedente director da Celestina) e a idea de trotar de evento en evento: persoas que se moven, atópanse e déixanse levar, como o vento.

📍 Próximos eventos en Galicia, Ávila e Madrid
🔔 Moi pronto, novas datas e experiencias

A nosa directora creativa e CEO, Patricia Ferreiro Hueso, é candidata aos Premios Impacto Social Dende SondeOU estamos m...
03/02/2026

A nosa directora creativa e CEO, Patricia Ferreiro Hueso, é candidata aos Premios Impacto Social

Dende SondeOU estamos moi felices de compartir esta noticia 💚

Patricia Ferreiro Hueso , foi seleccionada como candidata aos Premios Impacto Social do Congreso da Muller Rural , un recoñecemento a proxectos que xeran impacto real no territorio.

SondeOU nace no rural galego cunha idea clara:
acompañar a marcas, entidades culturais e proxectos locais a comunicar mellor, sen perder a súa identidade, poñendo en valor o territorio, a cultura e as persoas.

Se crees no valor do emprendemento rural, a cultura e os proxectos con propósito, axudaríasnos moitísimo co teu voto 👇

🔗 Ligazón para votar (tamén en historias):
https://congresodelamujerrural.es/premios-impacto-social/

Grazas polo apoio, por compartir e por formar parte 💚

Galicia

Necesitamos a vosa axuda.Patricia Ferreiro ÓsoCandidata aos Premios Impacto Social do Congreso da Muller RuralA nosa dir...
03/02/2026

Necesitamos a vosa axuda.
Patricia Ferreiro Óso
Candidata aos Premios Impacto Social do Congreso da Muller Rural

A nosa directora creativa e CEO foi seleccionada como candidata aos Premios Impacto Social do Congreso da Muller Rural polo meu proxecto SondeOU , un estudo de deseño, comunicación e eventos nado no rural galego desde o que se traballa con marcas, entidades culturais e proxectos locais para axudarlles a comunicar mellor sen perder a súa identidade.

Emprender no medio rural, sendo muller, non é só crear un negocio:
é xerar oportunidades, fixar talento, poñer en valor o territorio e demostrar que desde aquí tamén se innova, créase marca e xérase impacto social real.

Se crees no valor do rural vivo, na cultura e nos proxectos con propósito, axudaríasnos moitísimo co teu voto 👇

👉 Podes votar aquí (non leva nin un minuto):
https://congresodelamujerrural.es/premios-impacto-social/

Grazas por apoiar, compartir e dar visibilidade 💚
Cada xesto conta.

💡 Pack de branding + redes sociales (2.000 € + IVE)Especial para comercios e empresas de Ourense.👉 Diseño de marca + ima...
02/02/2026

💡 Pack de branding + redes sociales (2.000 € + IVE)
Especial para comercios e empresas de Ourense.
👉 Diseño de marca + imaxe para redes + posta en marcha.
📌 Subvencionable al 80% (consultar condiciones).
Escríbeme e cóntoche se encaixa contigo.

Moitas veces o deseño redúcese a un logo, pero unha identidade constrúese en cada detalle: no ton, nas cores, nos soport...
27/01/2026

Moitas veces o deseño redúcese a un logo, pero unha identidade constrúese en cada detalle: no ton, nas cores, nos soportes, na coherencia e na maneira de estar presente. É icono, é cor, é nome, é tipografía, é linguaxe e é contexto.

En SondeOU cremos tanto nisto que a nosa propia marca parte de aí: SondeOU ven de Son de Ourense, do lugar onde nacemos, dunha terra de contrastes, de frío e calor, de carácter amable pero tamén duro, fermosa e salvaxe, do son coma música da nosa paisaxe.

O branco e o negro falan desa dualidade, o icono xoga co son e co OU ata converterse nun símbolo que, ao xirarse, lembra ás máscaras do entroido, a alma festiva da provincia. O amarelo aparece como punto de luz, como os toxos e as xestas, e as imaxes conectan co patrimonio cultural galego: a pedra, a auga, a uva, o territorio. Cando creamos identidades para outras marcas facémolo dende o mesmo lugar: pensando no que son, de onde veñen e como queren estar no mundo.

SondeOU estivo esta semana en FITUR 2026, en Madrid, apoiando o Ourense termal no stand de Galicia Calidade, e foi unha ...
23/01/2026

SondeOU estivo esta semana en FITUR 2026, en Madrid, apoiando o Ourense termal no stand de Galicia Calidade, e foi unha oportunidade única para observar de primeira man cara onde evoluciona o turismo, non só en Galicia, senón a nivel internacional.

A feira de turismo máis grande do mundo non é só un espazo de promoción de destinos: é un laboratorio de ideas onde as experiencias, a narrativa de territorio, a sustentabilidade e a innovación marcan a diferenza.

Termalismo, turismo lento, experiencias sensoriais, posta en valor da identidade local e unha forte aposta pola arquitectura efémera como ferramenta de marca estiveron moi presentes.

FITUR confirma que o turismo do futuro constrúese dende o relato, dende o coidado do detalle e dende experiencias que conectan co lugar e coas persoas. Unha aprendizaxe clave para seguir traballando proxectos turísticos con identidade, coherencia e visión a longo prazo.


Abrimos novo grupo BNI en Ourense:BNI Lou Caldas ♨️Un grupo en creación, con prazas exclusivas por sector.En BNI só pode...
19/01/2026

Abrimos novo grupo BNI en Ourense:
BNI Lou Caldas ♨️

Un grupo en creación, con prazas exclusivas por sector.
En BNI só pode haber unha empresa por actividade profesional, polo que quen entra primeiro reserva o seu espazo.

Desde SondeOU formamos parte deste novo grupo e acompañamos o seu lanzamento.
Se tes empresa en Ourense e queres saber se podes encaixar, escríbenos e contámoste como funciona, sen compromiso.

📩 Mándanos un privado ou pono en comentarios





Durante moito tempo pensouse que nas redes había que estar todos os días, en todas partes e falando de todo. Os datos de...
18/01/2026

Durante moito tempo pensouse que nas redes había que estar todos os días, en todas partes e falando de todo. Os datos de 2025 din outra cousa. Hai máis contido ca nunca pero menos impacto por publicación e isto cambia as regras do xogo.

De cara a 2026, as redes van premiar a quen comunique con intención, constancia e sentido. Non se trata de facer máis, senón de facelo mellor.

As redes non están mortas.
O que xa non funciona é publicar sen pensar. Tedes todo o que foi e será na nosa bitácora. Seguídenos!



Redes sociais 2025: que funcionou, que non e que esperar en 2026

Dirección

Puga Toén
Orense
32940

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 15:00
Martes 09:00 - 15:00
Miércoles 09:00 - 15:00
Jueves 09:00 - 15:00
Viernes 09:00 - 15:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Sondeou publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir