09/09/2026
📱 Se tes un negocio e cada vez que pensas en facer un Reel dis… «eu non sei editar», esta formación é para ti.
Os días 15 e 16 de setembro estaremos en Noia aprendendo a sacarlle partido a CapCut dunha forma práctica e, sobre todo, sinxela.
Veremos como editar un vídeo desde cero, facer cortes, engadir textos e música e coñeceremos trucos e ferramentas que che axudarán a crear contido para o teu negocio sen complicarte. 🤳✨
Non necesitas experiencia previa nin un equipo profesional: co teu móbil e conexión a internet é suficiente.
📌 15 e 16 de setembro
⏰ De 9:00 a 11:00 h
🙌 Taller práctico no Edificio Casino, Noia
🏃 Prazas limitadas
Formación impartida por .creativa