Juancho Debuxa Deseña

Juancho Debuxa Deseña juáncho DEBUXA & DESEÑA :
estudio de publicidade & ilustración /
dirección de Acienciacerta

O 'place branding' é unha das especialidades na construción das marcas. Concretamente do ámbito da comunicación e proxec...
28/09/2023

O 'place branding' é unha das especialidades na construción das marcas. Concretamente do ámbito da comunicación e proxección de lugares. Vilas, cidades ou países. Quen non recoñece o famoso 'I ♥ NY'. Esta que aquí presento foi unha das propostas que, no seu día, propuxen para representar ao Concello do Porriño. Non é unha disciplina doada, pois esixe conceptualizar, xerarquizar e transmitir emocións. E todo, sempre articulado sobre as potencialidades dese destino a promocionar.

...e ¡zas! En menos dun ano publicas dous libros!!! (recén chegado de Polonia ás mans da Éire). A obra é excepcional e f...
14/02/2022

...e ¡zas! En menos dun ano publicas dous libros!!! (recén chegado de Polonia ás mans da Éire). A obra é excepcional e foi escrita polo meu bo amigo Andrés Hombre. Levaba traballando nela dende antes de que saira impresa 'Na procura do medo esquecido'
(Editorial Galaxia).

Moitísimas grazas a Amazon.com por brindarnos a oportunidade. O acabado é impecable. En serio que paga moitísimo a pena. Polo de agora só en castelán.

Podedes facervos cun exemplar (en tapa dura ou tapa branda) dende xa nesta ligazón:

https://www.amazon.es/BUSCA-COLOR-ju%C3%A1ncho-Casta%C3%B1o-Vicente/dp/B09RVDX9H3

A partir duns versos satíricos de Rosalía de Castro de 'Follas Novas', dándolle un xiro, nunha pirueta felina, construim...
27/12/2021

A partir duns versos satíricos de Rosalía de Castro de 'Follas Novas', dándolle un xiro, nunha pirueta felina, construimos esta mensaxe tan agarimosa para un obxecto de agasallo polo Nadal. Conceptualmente Podoloxíadescalza non podía regalar nada mellor. E polo visto son un exitazo!!! A xente queda supercontenta. Normal. Noraboa a Cristina Giraldez Rodriguez pola iniciativa, por esa clínica que marca as diferencias e por ser unha moza emprendedora tan brava e valente. E cómpre salientar que estes calcetíns tan chulísimos son obra de SomosOcéano , unha marca galega, un proxecto textil que está a petalo. Aproveitamos dende Juancho Debuxa Deseña para desexarvos UN BO NADAL ❤ !!!

❤️

IMPRIME: Imprenta Paz,s.l.

Onte escribiume un wsp unha libreira. Dicíame o seguinte: "Dinme que o teu libro esgotóuse! 😳👏👏👏👏👏"  Ao que eu respondín...
04/05/2021

Onte escribiume un wsp unha libreira. Dicíame o seguinte: "Dinme que o teu libro esgotóuse! 😳👏👏👏👏👏" Ao que eu respondín: "Pediches máis? Pois a min aí atrás dicíanme que aínda tiñan 107 exemplares... Pero non sei. Sería unha boa nova". Ela engadiu: "Non, non pedín mais, pero preguntei por un libro que está esgotado e dixéronme que o teu tamén". A ver, aclaro, isto non quere dicir que non haxa o meu libro en moitas das librarías galegas. Só que, onte á mañá, non lles quedaba ningún exemplar aos proveedores desta boa amiga libreira. Pero a min xa me vale para ter un sorriso de orella a orella. E á Éire tamén :)

Mañá é o día...
30/03/2021

Mañá é o día...

... e un bo día publicas coa Editorial Galaxia. E quero agradecer a Francisco Castro toda esa confianza, fe, optimismo, ...
12/03/2021

... e un bo día publicas coa Editorial Galaxia.

E quero agradecer a Francisco Castro toda esa confianza, fe, optimismo, ilusión e respaldo para que isto fora posible. Un millón de grazas. E á Mai e á Éire, que son a miña vida. Elas guían o meu trazo.

A vindeira semana xa irá chegando ás librarías...

Falamos de Libros

❤️ ✌️

unha noite no muíño- -> San Valentín 2021 - ->♡ AMAQUIA www.amaquiapanaderia.com      ♡  ♡  ♡  ♡  ♡  ♡  ♡  ♡   #2021    ...
09/02/2021

unha noite no muíño
- -> San Valentín 2021 - ->

♡ AMAQUIA


www.amaquiapanaderia.com


♡ ♡ ♡ ♡ ♡ ♡ ♡ ♡

#2021

... este ano 2020 foi especialmente difícil, un ano onde toda a sociedade sufriu, pero no que tamén brindou o recoñeceme...
28/12/2020

... este ano 2020 foi especialmente difícil, un ano onde toda a sociedade sufriu, pero no que tamén brindou o recoñecemento que o sector sanitario merece. E foi por iso polo que o agasallo de neste Nadal do 2020 non podía ser máis do mesmo. Había que 'darlle unha volta' e chegar a algún destino onde o simbolismo fora un acerto. E apareceu o cacto. Esa planta exteriormente pouco agarimosa pero con esencia vexetal pura, harmoniosa na súa crueza. Tan doméstica e tan salvaxe. O resto fíxoo unha mensaxe de felicitación á altura das circunstancias, unha etiqueta en papel Kraft de 300 grs con ilustracións e texto, e un acabado cun tecido grunge idóneo para a ocasión máis lazo vermello. Foi un pracer concebilos, deseñalos e o resultado á vista está. BOAS FESTAS! BO NADAL! Que teñades un 2021 que valla por dous!

👣

Este cartel con ilustración foi proposto o pasado ano para unha campaña contra o maltrato. Aproveitando o inktober, comp...
02/10/2020

Este cartel con ilustración foi proposto o pasado ano para unha campaña contra o maltrato. Aproveitando o inktober, compartímolo con vós.

💜 ❤️

Onte rematou o Festival de Cans. Cada ano The European Central Bank, a Fábrica Nacional de Moneda y Timbre, e mailo Rese...
06/09/2020

Onte rematou o Festival de Cans. Cada ano The European Central Bank, a Fábrica Nacional de Moneda y Timbre, e mailo Reserve Federal System of the United States póñense en contacto co noso estudio para deseñar a estratexia de implantación agrosincronizada para conter a inflación nas distintas economías mundiais logo da saída ao mercado dos billetes oficiais do Festival. É un labor de moita responsabilidade xa que durante varios días a circulación destes cartos condiciona os distintos ciclos da economía mundial. Pero aí estamos. Cada ano. Aceptando o reto. Ao igual que (que nunca fallan e sempre están, sacando o traballo nas condicións que sexa, son case superheroes da impresión). Este ano no deseño houbo protagonistas da talla de Oliver Laxe (director da afamada e goyarizada 'O que arde'), Mariana Carballal (fantástica actriz e Chimpín de Prata), Merchi Sánchez (enfermeira e coordinadora do equipo sanitario, e Chimpín de Prata), Manane Rodríguez (histórica directora do audiovisual galego e Premio Pedigree) e Creus & Carrasco (brillantes profesionais da arquitectura e Chimpíns de Prata). Foron billetes de 1 e 2 Cans, non houbo o billete de 5 que, por precaución foi retirado e xa recuperaremos cando se poida.

#2020

Dirección

Avenida De Galicia, 48 Portal 4 Primeiro L
Porriño
36400

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Juancho Debuxa Deseña publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Juancho Debuxa Deseña:

Compartir