Faro Norte - Ribadeo

Faro Norte - Ribadeo Empresa de comunicación y publicidad

CO PREGÓN DE PEPE CONDE DERON COMEZO AS FESTAS PATRONAIS DE RIBADEO 2026.Ribadeo, 5 de setembro de 2026. Co pregón pronu...
05/09/2026

CO PREGÓN DE PEPE CONDE DERON COMEZO AS FESTAS PATRONAIS DE RIBADEO 2026.
Ribadeo, 5 de setembro de 2026. Co pregón pronunciado polo ex xefe de cirurxía do HULA Pepe Conde, persoa moi vinculada a Ribadeo por motivos familiares, arrincaron as festas patronais de 2026. O Teatro encheuse de amizades, familia e veciñanza ribadense para arroupalo neste especial momento. A Coral Polifónica de Ribadeo puxo a nota musical ao evento, no que tamén participaron dúas alumnas da Escola Municipal de Música e Danza.
A charanga Los Támega amenizou as rúas de Ribadeo e a festa seguiu cunha noite de djs no recinto feiral. Por diante varios días con sesións vermús, verbenas, a saída dos Cocos e dos Cabezudos, actos relixiosos e sesión de fogos artificiais. O broche final poñerao o grupo Mägo de Oz o vindeiro martes, Día da Patroa, pola noite.

O CONCELLO DE FOZ MELLORARÁ A CASA DO CONCELLO E O EDIFICIO DO CENIMA.Foz, 5 de setembro de 2026. O Concello de Foz conv...
05/09/2026

O CONCELLO DE FOZ MELLORARÁ A CASA DO CONCELLO E O EDIFICIO DO CENIMA.
Foz, 5 de setembro de 2026. O Concello de Foz convenia coa Deputación de Lugo a renovación de ventás e o pintado da Casa do Concello e do CENIMA, así como a instalación de paneis informativos, por importe de 250.000 euros.
O convenio aprobado en Xunta de Goberno da Deputación de Lugo o venres 28 de agosto inclúe distintas actuacións: “no tocante aos cerramentos exteriores, na Casa do Concello vanse a renovar ventás en madeira que nunca foran substituídas, retirada de enreixados onde non é necesario, cambiar as portas exteriores e a galería que comunica os dous edificios e que presenta humidades e un mal estado de conservación, por un importe total de algo máis de 46.000 euros. No CENIMA vaise a substituír o ventanal principal da planta baixa, por un importe de algo máis de 8.500 euros. Ademais, por un montante total de case 155.000 euros, vanse a limpar e arranxar as paredes exteriores da Casa do Concello e o CENIMA e aplicar unha imprimación e tres capas de pintura elástica. Cos 40.591,31 euros restantes o Concello vai instalar unha marquesiña de autobús na Avenida da Mariña para agardar o transporte, renovar 4 bancos en mal estado e instalar 4 tótems informativos de vídeo con pantalla de definición 4K para poder comunicar dun xeito áxil e dinámico eventos, programación do Concello ou outra información de interese”.
O alcalde, Fran Cajoto explica: “estamos a falar dunha inversión moi necesaria, con traballos tan demandados como o pintado da Casa do Concello. Vimos de rematar a renovación completa da cuberta do edificio, con case 87.000 euros con cargo ao Plan Deputación 2025. Con 111.000 euros imos comezar nos próximos días as obras de renovación de muros e escaleiras da Praza do Concello e o pintado será a terceira fase. Agradecemos o apoio da Deputación de Lugo para uns traballos moi necesarios na casa de todos. Son investimentos lóxicos, con actuacións como a instalación dunha marquesiña ou de paneis informativos que van a facilitar o día a día a todos os veciños”.

A ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES, INDUSTRIAIS, SERVIZOS E AUTÓNOMOS DE RIBADEO COLABORA UN ANO MÁIS COA COMISIÓN ORGANIZADOR...
05/09/2026

A ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES, INDUSTRIAIS, SERVIZOS E AUTÓNOMOS DE RIBADEO COLABORA UN ANO MÁIS COA COMISIÓN ORGANIZADORAS DAS FESTAS PATRONAIS.
Ribadeo, 5 de setembro de 2026. Acisa colabora un ano máis coa comisión organizadora das festas patronais de Ribadeo. Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.

O PUNTO VIOLETA DO CONCELLO DE RIBADEO ESTARÁ PRESENTE NAS FESTAS PATRONAIS OS DÍAS 6 E 7 DE SETEMBRO. Ribadeo, 4 de set...
04/09/2026

O PUNTO VIOLETA DO CONCELLO DE RIBADEO ESTARÁ PRESENTE NAS FESTAS PATRONAIS OS DÍAS 6 E 7 DE SETEMBRO.
Ribadeo, 4 de setembro de 2026. A Área de Igualdade do Concello de Ribadeo, a través do Centro de Información ás Mulleres (CIM), continuará coa instalación do Punto Violeta nas festas patronais, que dan comezo hoxe, promovendo uns festexos seguros, libres de violencias machistas e baseados no respecto e na igualdade.

O Punto Violeta estará instalado no recinto feiral de Ribadeo os días 6 e 7 de setembro entre as 23:30 e as 03:30 horas.

Desde o Centro de Información ás Mulleres lembran que “un Punto Violeta é un espazo seguro de información, sensibilización e atención fronte ás violencias machistas. Un lugar ao que podes achegarte se precisas información, se sofres ou ves unha situación de acoso ou agresión, ou simplemente se necesitas apoio. O equipo do Punto Violeta estará á disposición de toda a cidadanía para informar, orientar e acompañar, contribuíndo a que todas as persoas poidan vivir as festas con liberdade, respecto e seguridade. Porque a diversión nunca pode ir da man da violencia. Achégate ao Punto Violeta. Estamos para axudar”.

E engaden: “nesta cita tan especial celebremos tamén o respecto e a igualdade”.

O ALCALDE DE FOZ REUNIUSE COA NOVA PRESIDENTA DE PORTOS DE GALICIA PARA TRATAR A TRANSFERENCIA E CONSERVACIÓN DA EXPLANA...
03/09/2026

O ALCALDE DE FOZ REUNIUSE COA NOVA PRESIDENTA DE PORTOS DE GALICIA PARA TRATAR A TRANSFERENCIA E CONSERVACIÓN DA EXPLANADA PORTUARIA, A DRAGAXE, A AMPLIACIÓN DE PORTO CHICO E OUTROS ASUNTOS DE INTERESE.
Foz, 3 de setembro de 2026. O alcalde de Foz, Fran Cajoto, mantivo onte, mércores, unha reunión de traballo en Santiago coa nova presidenta de Portos de Galicia, Natalia Botana Rey. Na xuntanza, na que se trataron temas de gran relevancia como a dragaxe do peirao de Foz, a reversión de terreos portuarios ao Concello, a ampliación do peirao de Porto Chico ou a conservación do firme da explanada portuaria, estiveron tamén presentes a primeira tenente de alcalde, Inés López Couto, e o xefe da Zona Norte – Lugo de Portos, Antonio Fernández.
Dragaxe e ampliación de Porto Chico.
Portos de Galicia encargou o proxecto construtivo da dragaxe do porto de Foz en setembro do ano 2025, no que se prevé investir 1 millón de euros nunha actuación inicial e outras tres de mantemento durante catro anos. “Trasladáronnos que para sacar a licitación do contrato están pendentes de recibir as autorizacións de navegación e de verquido. Sobre a ampliación do peirao e modificación da bocana de Porto Chico, aproveitamos para expoñerlle á presidenta o traballo da Asociación A Ribeira ao respecto e a demandarlle a contratación do anteproxecto e estudo de impacto ambiental para que o proxecto, cando menos, se inicie”, declarou o alcalde de Foz.
Transferencia de terreos da explanada portuaria.
Portos de Galicia, despois de declarar a innecesariedade para usos portuarios da explanada entre o Clube Kayak e a piscina municipal, iniciou o proceso de reversión dos terreos, no que intervén o Servizo de Costas dependente do Ministerio de Transición Ecolóxica. “O 22 de xuño deste ano mantiven unha reunión de traballo en Coruña co Xefe da Demarcación de Costas de Galicia Carlos Gil co mismo obxectivo: axilizar a transferencia de terreos ao Concello. Coñecidos os trámites que fixo Portos no verán do 25 ao respecto, esperamos poder axilizar o proceso para poder ordenar definitivamente os usos e delimitar e xestionar o estacionamento de autocaravanas: que teña un retorno para a administración pola ocupación do espazo. Tamén tratamos a necesidade, ante a demora do proceso de reversión, de poder xestionar o cobro polo uso do punto de auga e de descarga de augas negras, cuestión que tratará Portos cos seus servizos xurídicos”, informa o rexedor municipal.
Conservación de viais e da explanada portuaria.
Ante o mal estado xeralizado do firme dos viais e da explanada portuaria, este foi outro punto da reunión. “Aínda sendo responsabilidade do ente autonómico, imos explorar unha vía de colaboración entre administracións porque urxe, e moito, arranxar os viais da explanada portuaria, que se encontran en pésimo estado. Acordamos facer de novo unha solicitude formal para definir ese convenio de colaboración”, declara Fran Cajoto.
Edificio da depuradora actual e fábrica de xeo
“É coñecida a nosa demanda de conservar o edificio da actual depuradora de augas residuais -que está previsto demoler unha vez se poña en funcionamento a nova EDAR para servizos municipais. Portos de Galicia comprometeuse a estudar a viabilidade xurídica de conservar o edificio, que sería importante para o Concello de Foz. Tamén tratamos a posibilidade de facer algo similar coa fábrica de xeo, que conta cun proxecto de demolición pendente de executar. En calquera caso, reiteramos a necesidade de conservar o mural das pescantinas de Xosé Vizoso, de cuxo traslado e reubicación se faría o cargo o Concello de Foz ante a posible demolición do edificio”, explica Cajoto.
Ademais o alcalde de Foz agradece a reunión á presidenta, “a cordialidade e a dilixencia en convocala despois da nosa solicitude. Tratamos cuestións de enorme relevancia para Foz e aproveitamos para invitala a visitar canto antes o noso Concello. Como proxecto a medio prazo, tamén quixemos expoñerlle a necesidade de que Portos de Galicia execute unha inversión de calado no espazo que vai a continuar sendo da súa titularidade, fronte ás casetas, de xeito similar á actuación que se rematou recentemente en Porto do Son”.

RIBADEO INSTALA NOVAS CÁMARAS PARA O CONTROL DO TRÁFICO E DA SEGURIDADE CIDADÁ. Ribadeo, 3 de setembro de 2026. Ribadeo ...
03/09/2026

RIBADEO INSTALA NOVAS CÁMARAS PARA O CONTROL DO TRÁFICO E DA SEGURIDADE CIDADÁ.
Ribadeo, 3 de setembro de 2026. Ribadeo instala novas cámaras para o control do tráfico e da seguridade cidadá, segundo ven de anunciar a concelleira responsable Montse Seijo.
A edil de Seguridade Cidadá explicou que “Ribadeo sigue incorporando cámaras de lectura de matrículas para o control do tráfico e da seguridade cidadá. Con estas novas incorporacións segue en marcha un proxecto xa iniciado no 2024, co fin de mellorar a seguridade no tráfico e velar por unhas zonas peonís máis seguras e un casco antigo máis protexido”.
Montse Seijo indicou: “trátase de evitar que os vehículos non autorizados pasen por esas zonas peonís. Soamente estarán permitidos os que teñan o paso xustificado, como poden ser por exemplo unha ambulancia, os coches de corpos de seguridade, etc. Son vehículos autorizados”.
A concelleira ribadense engadiu que “con isto o Concello segue apostando por mellorar a seguridade de Ribadeo e facelo máis atractivo, se cabe, como está a pasar co casco antigo, coa limpeza, fomentando inversións para a rehabilitación de vivendas, reorganizando ou organizando o tráfico. Dende o Concello seguimos apostando pola seguridade cidadá”.
Doce son as cámaras coas que conta Ribadeo. Están situadas na rotonda do Juanín, na avenida Rosalía de Castro, no cruce do Parador de Turismo, nas Catro Calles e na praza de España (en dirección á rúa San Francisco).

O ESTADIO PEPE BARRERA ACOLLERÁ ESTE DOMINGO, DÍA 6, O TROFEO DE FÚTBOL FESTAS PATRONAIS QUE DISPUTARÁN O RIBADEO FC E O...
03/09/2026

O ESTADIO PEPE BARRERA ACOLLERÁ ESTE DOMINGO, DÍA 6, O TROFEO DE FÚTBOL FESTAS PATRONAIS QUE DISPUTARÁN O RIBADEO FC E O CF CIRE DE MELIDE.
Ribadeo, 3 de setembro de 2026. O estadio municipal Pepe Barrera acollerá este domingo, día 6, ás 18:00 horas o Trofeo de Fútbol Festas Patronais que disputarán o Ribadeo FC e o CF Cire de Melide.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, contou que “este fin de semana, el domingo a las 6 de la tarde, en el estadio municipal Pepe Barrera, tendremos la cuadragésimo tercera edición del Trofeo Festas Patronais. Para el Concello es un honor que este Trofeo tan longevo se siga celebrando de la mano, eso sí, de la Comisión de Fiestas de Ribadeo”.
E explicou que “en esta ocasión el Ribadeo FC se medirá al Cire de Melide, uno de los aspirantes al ascenso a la división preferente del fútbol gallego. Estamos muy orgullosos de poder disfrutar de este trofeo Festas Patronais y os esperamos a todos en el estadio Pepe Barrera”.

TODO ESTÁ LISTO PARA O II HALF TRIATLÓN RIBADEO, QUE TERÁ LUGAR ESTE SÁBADO, 5 DE SETEMBRO. NO EVENTO PARTICIPARÁN ARRED...
03/09/2026

TODO ESTÁ LISTO PARA O II HALF TRIATLÓN RIBADEO, QUE TERÁ LUGAR ESTE SÁBADO, 5 DE SETEMBRO. NO EVENTO PARTICIPARÁN ARREDOR DE 250 DEPORTISTAS.
Ribadeo, 3 de setembro de 2026. Todo está listo para o II Half Triatlón Ribadeo, que terá lugar este sábado, 5 de setembro. No evento participarán arredor de 250 deportistas. Está organizado por Laetus Sport e conta coa colaboración do Concello ribadense.
Segundo explican os organizadores: “trátase dunha proba de carácter nacional puntuable para o ranking nacional de media e longa distancia e na que se disputará tamén o campionato galego nas modalidades Half Aquabike e Half Triatlón”.
A proba dará comezo na praia dos Bloques cun percorrido de natación de 1.000 metros para a distancia Short e 2.000 para a distancia Half, despois terá lugar un percorrido ciclista de 40 quilómetros e unha carreira a pé duns 10 quilómetros. Toda a información está dispoñible na páxina oficial www.halftriatlonribadeo.com
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, indicou que “esta proba está considerada un dos maiores expoñentes de turismo deportivo, xa que a maioría dos Half Triatlón que se celebran en España, unha vez consolidados, superan os 500 participantes. Son deportistas que acostuman a viaxar en familia e a permanecer na localidade un par de días, co que iso supón para os negocios e para economía local”.
O II Half Triatlón ocasionará diferentes modificacións no tráfico rodado ao longo de todo o sábado: “pedimos a veciñanza e visitantes que estean atentos ás sinais e ás indicacións da Policía Local, de Protección Civil e dos voluntarios e voluntarias que colaboran con este evento”.
No Concello déronse cita o alcalde, Dani Vega, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, o técnico municipal de Deportes, Iván López, e Víctor Martínez, xerente de Laetus Sport.

A CIENTÍFICA BARREIRENSE AURORA SAMPEDRO ACABA DE SER NOMEADA FILLA ADOPTIVA DO CONCELLO DE LUYEGO DE SOMOZA, TERRA DE N...
03/09/2026

A CIENTÍFICA BARREIRENSE AURORA SAMPEDRO ACABA DE SER NOMEADA FILLA ADOPTIVA DO CONCELLO DE LUYEGO DE SOMOZA, TERRA DE NACEMENTO DO SEU PAI.
Barreiros, 3 de setembro de 2026. A científica barreirense Aurora Sampedro acaba de ser nomeada filla adoptiva do Concello de Luyego de Somoza (León) por ser a terra de nacemento do seu pai, Francisco Sampedro Fuente.
Manuel Rivero, autor do libro Universo Aurora e estudoso desta científica e divulgadora barreirense conta tamén que “a cátedra de Muller e Ciencia da Universidade Pública de Navarra considera a Aurora Sampedro como unha das científicas máis importantes da segunda metade do século XX, algo que nos enche de ledicia” e adianta que “no vindeiro mes de outubro estará publicado o terceiro libro sobre Aurora, titulado Ciencia con nombre de mujer: el legado de Aurora Sampedro”.
E xa se coñecen tamén os nominados para a entrega dos premios Bítere de Honra 2026, que recibirán o escritor, poeta e profesor da Universidade de Vigo Martinho Montero Santalha; o de In Memoriam será para a poeta María das Dores Arribe Dopico; e o institucional para o Concello leonés de Luyego.

RIBADEO ORGANIZA CONTACONTOS, XINCANA, OBRADOIROS EDUCATIVO SE***IS E CURSOS NOS CENTROS DE ENSINO PARA AFONDAR NA IGUAL...
02/09/2026

RIBADEO ORGANIZA CONTACONTOS, XINCANA, OBRADOIROS EDUCATIVO SE***IS E CURSOS NOS CENTROS DE ENSINO PARA AFONDAR NA IGUALDADE E NA DIVERSIDADE.
Ribadeo, 2 de setembro de 2026. O Concello de Ribadeo organiza contacontos, xincana, obradoiros educativo se***is e cursos nos centros de ensino para afondar na igualdade e na diversidade. Será ao longo dos vindeiros meses. A programación foi presentada no Consello Municipal de Mulleres, que se reuniu na xornada de onte.
Do 16 ao 20 de novembro desenvolverase unha xincana contra a violencia de xénero para rapazas e rapaces de 1º e 2º da ESO. O contacontos Boti Boti destinado ao alumnado de educación primaria terá lugar do 23 al 27 de novembro.
Con motivo da celebración o 25 de novembro do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres o Concello convida aos centros educativos, asociacións de mulleres, colectivos e veciñanza a participar nun gran proxecto colaborativo. Trátase de crear un mural artístico de grande formato elaborado con mandalas de crochet.
Xa no segundo trimestre do curso escolar, na última semana de febreiro, haberá obradoiros educativos se***is con Prisma para 4º e 5º de Primaria e 3º e 4º da ESO. E para o último trimestre están previstas charlas sobre a diversidade.
No Consello Municipal das Mulleres informouse tamén das actividades realizadas ao longo dos últimos meses. Asistiron a esta xuntanza a directora xeral de Promoción da Igualdade da Xunta, Eloína Injerto, e o director territorial de Política Social en Lugo, Óscar Viñas.
O CIM propuxo a creación dun grupo de apoio para mulleres vítimas de violencia de xénero, como un novo recurso de acompañamento e apoio mutuo.
Desde a Concellería de Igualdade lembran que ata o día 10 está aberto o prazo de inscrición no curso de defensa persoal feminina que terá lugar o 12 de setembro no centro sociocomunitario de Ribadeo. Haberá dúas quendas unha de mañá e outra de tarde.
E o 25 de setembro ás 20:30 horas terá lugar a inauguración do mural de homenaxe a Manuela Barreiro Pico. A obra de Diego As poderase ver nun inmoble situado na esquina das rúas Ramón González e San Roque. O Teatro acollerá outras actividades de homenaxe a esta farmacéutica ribadense, que foi a primeira muller licenciada pola Universidade de Santiago de Compostela.
O CIM e a Concellería de Igualdade preparan máis actividades para as vindeiras semanas das que irán dando conta proximamente.

Dirección

Calle Diputación, 21
Ribadeo
27700

Horario de Apertura

Lunes 09:30 - 15:00
17:00 - 20:00
Martes 09:30 - 15:00
17:00 - 20:00
Miércoles 09:30 - 15:00
17:00 - 20:00
Jueves 09:30 - 15:00
17:00 - 20:00
Viernes 09:30 - 15:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Faro Norte - Ribadeo publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Faro Norte - Ribadeo:

Atajos

Compartir