Sernel, copistería, papelería y librería

Sernel, copistería, papelería y librería Copistería, Papelería, Librería e Impresión Digital

🎉📚 Xa temos gañadoras!Hoxe queremos compartir convosco a entrega dos premios dos nosos últimos sorteos: o sorteo especia...
18/06/2026

🎉📚 Xa temos gañadoras!

Hoxe queremos compartir convosco a entrega dos premios dos nosos últimos sorteos: o sorteo especial das Letras Galegas e o sorteo realizado entre todas as persoas que mercastes en Sernel durante a primeira semana de xuño, coincidindo co noso 16º aniversario. 💛

Parabéns ás afortunadas! 🎁✨ Agardamos que desfrutedes moito dos vosos premios.

E, unha vez máis, queremos darvos as grazas a todas as persoas que participades nas nosas iniciativas, que apostades polo comercio local e que nos acompañades día tras día. Grazas á vosa confianza podemos seguir celebrando momentos coma este.

Seguiremos traballando con ilusión para ofrecervos novas actividades, recomendacións, sorteos e moitas historias por descubrir. 📖✨

Grazas por formar parte da familia Sernel. 💛

08/06/2026

"Moitas veces pensades en Sernel como unha libraría...

Pero somos moito máis ca iso. 💛

Aquí tamén atoparedes material de papelería para o día a día, para o cole, para a oficina ou para dar renda solta á creatividade.

E tamén xogos educativos que axudan a aprender, descubrir e compartir momentos en familia. 🎲✨

Neste vídeo só vos ensinamos unha pequena parte de todo o que temos dispoñible.

Así que xa sabedes... se precisades papelería, un agasallo especial ou un xogo para os máis pequenos, pasade por Sernel.

Agardámosvos na tenda física... e tamén na nosa tenda online. 💻📦

Porque sempre hai algo novo por descubrir."

📍 Salceda de Caselas
💻 www.sernel.es
📞 986 347 246

🎉💛 Hoxe estamos de aniversario!Parece que foi onte, pero xa pasaron 16 anos dende que Arantza e Andrea comezaron esta av...
01/06/2026

🎉💛 Hoxe estamos de aniversario!

Parece que foi onte, pero xa pasaron 16 anos dende que Arantza e Andrea comezaron esta aventura en Sernel.

16 anos de traballo, aprendizaxe, retos, ilusións e, sobre todo, de persoas. Porque se hoxe seguimos aquí é grazas a todas e cada unha das persoas que nalgún momento cruzastes a nosa porta, fixestes unha compra, recomendastes o noso negocio ou simplemente dedicastes uns minutos a conversar con nós.

Grazas aos que apostades polo comercio local e polo pequeno comercio. Aos que entendendes que detrás dun mostrador hai persoas que poñen todo o seu esforzo cada día. Aos que celebrades os nosos acertos e tamén pasades por alto eses días nos que as cousas non saen perfectas.

Grazas aos que credes no noso traballo, aos que nos acompañades dende o primeiro día e aos que acabades de chegar. Grazas por permitirnos seguir medrando, aprendendo e facendo o que máis nos gusta.

Este aniversario tamén é voso. 💛

E como as celebracións saben mellor cando se comparten, esta semana por mercar en Sernel... ¡hai premio! 🎁✨

Porque despois de 16 anos, seguimos tendo a mesma ilusión do primeiro día e as mesmas ganas de seguir escribindo esta historia ao voso lado.

Grazas por formar parte dela. 💛
🤗 16 anos xuntos

📌 Aviso 🕞 Xuño xa está aquí e temos cambio de horario.📍Salceda de Caselas💻 www.sernel.es📞986 347 246
01/06/2026

📌 Aviso
🕞 Xuño xa está aquí e temos cambio de horario.

📍Salceda de Caselas
💻 www.sernel.es
📞986 347 246

📚💙 Na nosa libraría seguimos apostando polas historias que nacen preto de nós.Hoxe queremos ensinarvos "Así nos ven", da...
26/05/2026

📚💙 Na nosa libraría seguimos apostando polas historias que nacen preto de nós.

Hoxe queremos ensinarvos "Así nos ven", da escritora Raquel Rodríguez Muñiz .muniz ✨
Un deses libros que merecen ser descubertos e compartidos, porque apoiar ás autoras galegas tamén é apoiar a nosa cultura, as nosas voces e as historias que falan dende aquí.

Encántanos dar visibilidade ao talento da nosa terra e achegarvos lecturas diferentes, especiais e cheas de emoción 📖💛

Se aínda non coñecedes esta autora, quizais este sexa o momento perfecto para facelo 😉

Grazas por seguir acompañándonos e por apoiar o comercio local 💙

📚✨ Seguimos recibindo novidades na libraría!Novas historias, novos autores e libros que chegan con ganas de conquistarvo...
23/05/2026

📚✨ Seguimos recibindo novidades na libraría!

Novas historias, novos autores e libros que chegan con ganas de conquistarvos dende a primeira páxina 💛

Se estás buscando a túa próxima lectura, este pode ser o momento perfecto para descubrir algo novo 📖✨

Podes vir velos e mercalos na nosa tenda física, onde estaremos encantadas de axudarche a escoller, ou se o prefires, tamén podes facer o teu pedido cómodamente a través da nosa tenda online 💻📚

Porque sempre hai un libro agardando por ti 💛

📍Salceda de Caselas
💻 www.sernel.es
📞 986 347 246

💙📚 Hoxe celebramos o Día das Letras Galegas 📚💙Un día para poñer en valor a nosa lingua, a nosa cultura e todas esas hist...
17/05/2026

💙📚 Hoxe celebramos o Día das Letras Galegas 📚💙

Un día para poñer en valor a nosa lingua, a nosa cultura e todas esas historias que forman parte de nós.

Na nosa tenda cremos na importancia de ler, apoiar, crear e compartir en galego, especialmente coas novas xeracións e as empresas galegas ✨

Porque apoiar cada empresa de papelería galega, cada libro, cada conto e cada palabra axudan a manter viva a nosa identidade.

Grazas a todas as persoas que seguides apoiando a cultura,as empresas, o comercio local e a literatura galega 🤍

📚 Feliz Día das Letras Galegas!

15/05/2026

📚💙 “Ola! Somos Marga da libraría Lemos e Arantza da libraría Sernel, e hoxe queremos compartir convosco algunhas recomendacións moi especiais para celebrar o Día das Letras Galegas ✨

Porque ler en galego é moito máis que ler: é sentir, lembrar, descubrir e coidar o noso.
A nosa lingua está chea de historias marabillosas que merecen ser lidas, compartidas e regaladas 📖💛

Por iso hoxe traémosvos algunhas lecturas que nos encantan e que pensamos que vos poden acompañar neste mes tan especial.

Agardamos que vos animedes a descubrir novas voces, novos libros… e a seguir apostando pola literatura galega 💙”

🎁✨ Novidades bonitas que siguen chegando á libraría!Porque ás veces os pequenos detalles son os que máis ilusión fan 💛Ho...
14/05/2026

🎁✨ Novidades bonitas que siguen chegando á libraría!

Porque ás veces os pequenos detalles son os que máis ilusión fan 💛
Hoxe ensinámosvos algúns dos produtos de papelería que xa temos dispoñibles: prácticos, bonitos e perfectos para facer un agasallo especial… ou para darse un capricho 😉📚✏️

Accesorios e moitas cousiñas que namoran á primeira vista ✨

Pásate pola tenda para descubrilos todos ou bótalles un ollo tamén na nosa web 💻💛

Cal é o voso favorito? 👀

📍Salceda de Caselas
💻 www.sernel.es
📞 986 347 246

13/05/2026

📂✨ ¡Organizarse también puede ser bonito!

Ya tenemos en tienda estas carpetas de 40 fundas súper completas y de muy buena calidad 💛
Y además… ¡con estuche de regalo! 🎁

Disponibles en varios colores, perfectas para el cole, instituto, academia o trabajo 📚✏️

✨ ¿Qué incluyen?
✔️ 40 fundas
✔️ Gomas de cierre
✔️ Una funda rígida de color al inicio
✔️ Dosier con cierre de velcro al final
✔️ Estuche de regalo

Una opción práctica, resistente y muy completa para tenerlo todo organizado 👌

Puedes venir a verlas a la tienda 😉

Dirección

Calle Rafael Tilve Adrio 8 Bajo
Salceda
36470

Horario de Apertura

Lunes 09:30 - 14:00
17:00 - 20:00
Martes 09:30 - 14:00
17:00 - 20:00
Miércoles 09:30 - 14:00
17:00 - 19:30
Jueves 09:30 - 14:00
17:00 - 20:00
Viernes 09:30 - 14:00
17:00 - 20:00

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Sernel, copistería, papelería y librería publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Sernel, copistería, papelería y librería:

Compartir