Aqueladas

Aqueladas Somos unha cooperativa de produción audiovisual, con foco no mundo transmedia e interactivo

👤 En 'ANTES DE MAIO' poste na pel de María, pero non está soa. Coñece a Manuela, Mercedes, Co**ha, Juan e Miguel, algunh...
16/03/2026

👤 En 'ANTES DE MAIO' poste na pel de María, pero non está soa. Coñece a Manuela, Mercedes, Co**ha, Juan e Miguel, algunhas das personaxes coas que se cruzará durante o curso. Ollo, que son produto da ficción e, como se adoita dicir, calquera parecido coa realidade é casualidade... aínda que neste caso foron de moita axuda as entrevistas con algunhas participantes directas no conflito. Nin negamos nin afirmamos que algunha das anécdotas relatadas sexan certas 😜

🤝 Co apoio de , e

02/02/2026

E xa que estamos de presentacións, aquí vai un pequeno resumiño do que estivemos facendo estes últimos tempos! Ficción, documentais, interactividade, videoclips... Hai onde escoller, esperamos que vos guste!

Na casa do ferreiro, coitelo de pau non si? En aqueladas isto cúmprese ao 100%. Levamos xa catro aniños argallando proxe...
27/01/2026

Na casa do ferreiro, coitelo de pau non si? En aqueladas isto cúmprese ao 100%. Levamos xa catro aniños argallando proxectos e entre rodaxes e guións, deseños e cousas varias, nunca fixemos unha presentación oficial por aquí. Pero nunca é tarde se a dita é boa 😉

Para quen nos segue dende hai tempo e para quen chega agora: Ola! 👋

Somos unha cooperativa galega de produción audiovisual. 🚀 Mesturamos narrativa, tecnoloxía e cultura, procurando buscarlle o aquel a cada historia💡 Polas nosas mans pasaron proxectos transmedia, de ficción e documental interactivo, de realidade aumentada, e mesmo un xogo de cartas!

👀 Podedes ver máis do que facemos e fixemos en 🔗 https://aqueladas.eu

Ah, e se aínda tedes dúbidas de por que aínda non temos unha foto xuntas, na última imaxe está a chave do misterio!

🍾 💖 Este ano foi moi bonito poder achegarnos á música popular galega á través de 'Non canto por cantare', o documental q...
31/12/2025

🍾 💖 Este ano foi moi bonito poder achegarnos á música popular galega á través de 'Non canto por cantare', o documental que fixemos con motivo das Letras Galegas. Por iso o gardamos para a dar a despedida, que non a derradeira ;)

💭 Que todo o que aprendemos fique, e 2026 sexa tamén un ano cheo que reivindicación da nosa identidade a través da música tradicional e da nosa lingua. Porque xa sabedes... para que a foliada non pare, ten que haber remuda!

📲 Podedes ver a serie completa en agalega.gal (ligazón na bio)

cinemagalego

11/12/2025

📺 Xa podedes ver o documental 'A Coruña republicana', que recupera a historia silenciada do republicanismo na cidade desde a I República (1873), seguindo o proceso que conclúe coa proclamación da II República.

📜 Este traballo foi realizado para a Cátedra de Memoria Histórica da , con apoio de

💞 Equipo:
Coordinación e guión: Uxío Breogán Diéguez
Documentación: Carmela Sánchez Arines e Uxío Breogán Diéguez Cequiel
Locución:
Realización:

04/12/2025

🙆 Vaia semana levamos! Este domingo comezan en Vigo as proxeccións de 'Dende que veu a mina' no , un traballo para que levamos xa ano e medio aquelando con moito agarimo 🌳

⛏️ Iso dos minerais estratéxicos non é nada novo... 'Dende que veu a mina' rescata a memoria dos impactos da minaría en distintos lugares da Galiza: Lousame, Touro, Beariz e Vilardevós.

🗣️ A través dos testemuños da veciñanza, entendemos o que significaba convivir día a día con este tipo de proxectos, como afectaron á contorna natural e á vida cotiá de quen habita o territorio. O pasado preséntase como un espello no que ollarse, pois, a pesar dos avances tecnolóxicos, moito do que nos contan segue a ser hoxe un problema 🔍

🚫 'Dende que veu a mina' presenta un relato afastado da idea de “minaría sostible” tan en voga, e amosa as consecuencias do modelo extractivista onte e hoxe.

🤗 Se non podedes achegarvos a velo, o documental está en aberto en Youtube. Axudádenos a difundilo! Galiza non é una mina!

🏆 Esta noite déronnos o premio Manuel Beiras a Nova Incorporación para o galego. Fainos moita ilusión que se recoñeza o ...
01/12/2025

🏆 Esta noite déronnos o premio Manuel Beiras a Nova Incorporación para o galego. Fainos moita ilusión que se recoñeza o que é un dos piaries de Aqueladas: a lingua 👅

😎 Que honra partillar a noite coas compañeiras galardoadas de e 👏 moitos parabéns! ✨

🎆 Moitas grazas ao xurado, á e ao 💗

💚 O galego é o punto

⚔️ En 2024 gravamos 'Porto de Bois 1371: experimentando a Galiza medieval' 🏰📹 Este proxecto achega unha ollada ao encont...
27/11/2025

⚔️ En 2024 gravamos 'Porto de Bois 1371: experimentando a Galiza medieval' 🏰

📹 Este proxecto achega unha ollada ao encontro de Suevia Recriaçom Histórica, realizado no Mosteiro de Carboeiro ✨

📜 A recreación histórica, ou historia viva, é unha maneira única de aproximarnos ao pasado: coñecéndoo, recreándoo e vivíndoo en primeira persoa. Neste caso trasladámonos ao ano 1371, no que tivo lugar a batalla de Porto de Bois, para aprender sobre un período descoñecido, pero crítico na histoia do noso país.

🎖 O proxecto de Suevia foi premiado polo II Fondo de proxectos culturais Reino da Galiza da

💙 Moitas grazas por contar connosco! Se queredes saber máis, podedes ver o pequeno documental que realizamos en sueviaeventos.com

20/11/2025

👀 Estade atentxs!! Pronto máis info….. 🫣🫣

Que hai dentro dunha caixa de Cronoaventuras? 👉 Podes conseguir o xogo a través do link da bio. Unidades limitadas! 🫣
03/11/2025

Que hai dentro dunha caixa de Cronoaventuras?

👉 Podes conseguir o xogo a través do link da bio. Unidades limitadas! 🫣

28/10/2025

⏳ Apareceu unha fenda no tempo!

Cronoaventuras, un xogo de cartas cooperativo: en equipo reconstrúedes a liña temporal do Reino de Galicia, colocando os acontecementos no seu lugar e evitando as interferencias que o complican. Devolvemos o viaxeiro ao seu tempo?

👉 Compra no link da bio

Dirección

Rúa Nova, 21
Santiago De Compostela
15705

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Aqueladas publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Aqueladas:

Compartir