Dardo Estudio gallego de diseño especializado en proyectos culturales Somos un estudio gallego de diseño especializado en proyectos culturales. Redes sociales.

Con editorial propia, DARDO destaca por su experiencia en el diseño editorial y la organización de exposiciones y eventos. Nuestras áreas de trabajo principales son: Diseño gráfico y editorial. Planificación, diseño y montaje. Programación y gestión de instituciones culturales. Comunicación corporativa, publicidad y marketing estratégico. Entorno digital: diseño, programación web y apps.

Mediación y diseño de actividades pedagógicas. Talleres didácticos. Diseño de stands y producción de eventos feriales y festivales.

A finais de 2025, o Ministerio de Cultura encomendounos o redeseño da arquitectura visual para Instagram do programa Cul...
01/04/2026

A finais de 2025, o Ministerio de Cultura encomendounos o redeseño da arquitectura visual para Instagram do programa Cultura y Ciudadanía, un proxecto que busca situar a cultura como un motor para o desenvolvemento social e a participación cidadá. O encargo nace da necesidade de definir un novo sistema de comunicación en consonancia cos obxectivos do programa e as expectativas da súa audiencia.

Trátase dun perfil institucional e rigoroso, unha ferramenta estratéxica orientada á prescrición, que dirixe tráfico cualificado cara ás distintas convocatorias e actividades ás que dá difusión. Cun estilo máis depurado, o novo deseño quere conectar de xeito efectivo cun público profesional que busca oportunidades e inspiración.

Deseño: Dardo (Cristina Moralejo)

Un breviario é unha recompilación persoal de ideas, fragmentos e anotacións que reflicten as inquedanzas máis profundas ...
18/02/2026

Un breviario é unha recompilación persoal de ideas, fragmentos e anotacións que reflicten as inquedanzas máis profundas da súa autora. Baixo esta premisa nace a exposición Breviario de Tamara Feijoo

A mostra recolleu unha colección de pezas que funcionan como experimentos pictóricos e reflexións sobre o propio acto de pintar. A través de ensaios de taller, recorrencias e descartes, a artista dá forma a unha imaxinería íntima que sintetiza a súa traxectoria. Para iso, rescata a memoria dos materiais e utiliza nos seus debuxos papeis antigos, marcados polo paso do tempo e rescatados de vellas carpetas, para convertelos no estrato fundamental da súa obra.

O catálogo que acompaña ao proxecto convértese nun breviario físico que remite, tanto no formato como nos acabados, a esas libretas antigas que inspiran á artista. Un primeiro bloque impreso en papel offset crema de gran rugoso recolle imaxes da montaxe e unha conversa entre a artista e a comisaria Mónica Maneiro , mentres que o segundo bloque ofrece un percorrido fotográfico pola exposición con imaxes de Carmen Verdú .

A publicación loce unha coidada encadernación con punto de lectura. Como peza central da portada, destaca un cromo incrustado e impreso mediante letterpress na prensa manual Adana HS2 de , que achega esa pegada física e acabado artesán para unha edición especial.

Deseño: Dardo (Cristina Moralejo)
Impresión: Axencia Gráfica
Encadernación: Legatoria
Edita: Fundación DIDAC

Agradecemento especial @
Este proxecto conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e da Deputación da Coruña.
A exposición Breviario tivo lugar en Appleton Lisboa e en Santiago de Compostela en 2025

O proxecto Artesanía no Prato, impulsado pola Fundación Pública Artesanía de Galicia  , vén de ser seleccionado como fin...
29/10/2025

O proxecto Artesanía no Prato, impulsado pola Fundación Pública Artesanía de Galicia , vén de ser seleccionado como finalista nos Premios Nacionais de Artesanía 2025. Este recoñecemento valida o valor do deseño como ferramenta esencial para a promoción da artesanía potenciando o seu diálogo coa cociña de vangarda. Desexámoslles o maior dos éxitos á Fundación Pública Artesanía de Galicia na resolución final dos Premios Nacionais.

Este nomeamento supón un importante recoñecemento á estratexia de vinculación entre o sector artesán e o gastronómico e dende Dardo queremos dar os parabéns.

Hai anos que desde Dardo concibimos a imaxe de artesanía no prato e levamos acompañando varias edicións deste evento. Compartimos con vós algunhas imaxes da última celebración de Artesanía no Prato, que tivo lugar recentemente na Casa de Galicia en Madrid, un acontecemento clave para a proxección do proxecto a nivel nacional.

Deseño: Dardo (Blanca Prol)

A artista compostelá Mery Pais aborda no seu traballo unha profunda reflexión sobre as barreiras relixiosas e culturais ...
20/10/2025

A artista compostelá Mery Pais aborda no seu traballo unha profunda reflexión sobre as barreiras relixiosas e culturais que nos separan. Lei eterna foi unha acción performativa levada a cabo na compostelá Praza da Quintana, na que se reivindicaba o achegamento entre crenzas, escenificado como un acto relixioso multicultural.

Os participantes apareceron ataviados cunhas fundas negras que os cubrían totalmente, desposuíndoos da súa identidade individual, ata o momento en que todos se descubriron ao unísono, revelando os interiores das vestimentas, forradas con teas coloridas asociadas a distintos credos.

Esta “colección de crisálidas” foi a peza central da exposición Lei eterna, para a que se editou este catálogo. O obxectivo era darlle continuidade editorial ao proxecto performativo e expositivo e deixar un rexistro tanxible da acción efémera.

A artista procuraba incluír dalgún xeito os retallos sobrantes da confección dos traxes na publicación, así que propuxemos “vestir” cada libro cun fragmento desas teas e facer de cada exemplar unha peza de colección única.

O volume iníciase co rexistro documental do proxecto Lei eterna para, a seguir, repasar outros proxectos anteriores da artista que exploran temáticas similares.

Deseño: Dardo (Cristina Moralejo)
Encadernación: Legatoria

Portillo ten a súa propia entrada no dicionario da RAE como: “abertura nunha muralla, parede ou tapia”.Este naming tan i...
14/10/2025

Portillo ten a súa propia entrada no dicionario da RAE como: “abertura nunha muralla, parede ou tapia”.

Este naming tan inmellorable é o punto de partida para unha identidade moi sinxela na que a imaxe só debe seguir a palabra, xa que a accesibilidade trata precisamente de abrir portas que antes non existían e de derrubar murallas para abrir paso a unha realidade mellor.

Como referencias visuais tomáronse, por unha banda, o modo de marcar as portas nos planos de arquitectura e, en segundo lugar, a forma que adoptan os globos de diálogo nos cómics.

A premisa fundamental para a identidade dunha experta en accesibilidade era dar cunha solución moi sinxela e facilmente recoñecible, polo que se optou por compoñer o seu nome en Atkinson Hyperlegible, unha tipografía especificamente deseñada con criterios de inclusión.

O conxunto complétase cun marco que contén o nome deixando unha porta aberta e, por último, o pé explicativo “Especialista en Accesibilidade Universal e Inclusión”.

Deseño: Dardo (Cristina Moralejo)

A mostra 𝙁𝙖𝙘𝙚́𝙢𝙤𝙡𝙤 𝙘𝙤 𝙘𝙤𝙧𝙥𝙤. 𝘼 𝙥𝙚𝙧𝙛𝙤𝙧𝙢𝙖𝙣𝙘𝙚 𝙚́ 𝙘𝙤𝙪𝙨𝙖 𝙙𝙚 𝙢𝙪𝙡𝙡𝙚𝙧𝙚𝙨, comisariada pola 𝗰𝗼𝗼𝗽𝗲𝗿𝗮𝘁𝗶𝘃𝗮 𝗣𝗲𝗿𝗳𝗼𝗿𝗺𝗮, ocupou este últi...
06/10/2025

A mostra 𝙁𝙖𝙘𝙚́𝙢𝙤𝙡𝙤 𝙘𝙤 𝙘𝙤𝙧𝙥𝙤. 𝘼 𝙥𝙚𝙧𝙛𝙤𝙧𝙢𝙖𝙣𝙘𝙚 𝙚́ 𝙘𝙤𝙪𝙨𝙖 𝙙𝙚 𝙢𝙪𝙡𝙡𝙚𝙧𝙚𝙨, comisariada pola 𝗰𝗼𝗼𝗽𝗲𝗿𝗮𝘁𝗶𝘃𝗮 𝗣𝗲𝗿𝗳𝗼𝗿𝗺𝗮, ocupou este último verán a sala de exposicións do Auditorio de Galicia. A través de rexistros fotográficos, audiovisuais e mesmo de pezas físicas, a exposición facía un percorrido polo traballo dun importante número de artistas que abordaron a performance no contexto galego durante as últimas décadas.

Tanto na gráfica expositiva como na pequena publicación recomplilatoria, tivemos o privilexio de traballar coa fotografía orixinal 𝙃𝙤𝙡𝙙𝙞𝙣𝙜 𝙀𝙢𝙥𝙩𝙞𝙣𝙚𝙨𝙨 da gran mestra 𝗠𝗮𝗿𝗶𝗻𝗮 𝗔𝗯𝗿𝗮𝗺𝗼𝘃𝗶𝗰́, tamén presente na exposición. O noso agradecemento á artista, a Bernal Espacio Galería e, sobre todo, ao Auditorio de Galicia e aos comisarios Mónica Maneiro e Iñaki Martínez Antelo pola oportunidade de formar parte deste marabilloso proxecto.

Deseño: Dardo (Cristina Moralejo)

••••••

La muestra 𝙁𝙖𝙘𝙚́𝙢𝙤𝙡𝙤 𝙘𝙤 𝙘𝙤𝙧𝙥𝙤. 𝘼 𝙥𝙚𝙧𝙛𝙤𝙧𝙢𝙖𝙣𝙘𝙚 𝙚́ 𝙘𝙤𝙪𝙨𝙖 𝙙𝙚 𝙢𝙪𝙡𝙡𝙚𝙧𝙚𝙨 comisariada por la 𝗰𝗼𝗼𝗽𝗲𝗿𝗮𝘁𝗶𝘃𝗮 𝗣𝗲𝗿𝗳𝗼𝗿𝗺𝗮, ocupó este último verano la sala de exposiciones del Auditorio de Galicia. A través de registros fotográficos, audiovisuales e incluso de piezas físicas, la exposición hacía un recorrido por el trabajo de un importante número de artistas que abordaron la performace en el contexto gallego durante las últimas décadas.

Tanto en la gráfica expositiva como en la pequeñaa publicación recoplilatoria, tuvimos el privilegio de trabajar con la fotografía orixinal 𝙃𝙤𝙡𝙙𝙞𝙣𝙜 𝙀𝙢𝙥𝙩𝙞𝙣𝙚𝙨𝙨 de la gran maestra 𝗠𝗮𝗿𝗶𝗻𝗮 𝗔𝗯𝗿𝗮𝗺𝗼𝘃𝗶𝗰́, también presente en la exposición. Nuestro agradecimiento a la artista, a Bernal Espacio Galería y, sobre todo, al Auditorio de Galicia y a los comisarios Mónica Maneiro e Iñaki Martínez Antelo por la oportunidad de formar parte de este maravilloso proyecto.

Diseño: Dardo (Cristina Moralejo)

𝐂𝐎𝐍/𝐒𝐔𝐄𝐑𝐄 é o proxecto de investigación e creación de Ana Pérez Valdés, desenvolvido durante a súa residencia na Cidade ...
29/09/2025

𝐂𝐎𝐍/𝐒𝐔𝐄𝐑𝐄 é o proxecto de investigación e creación de Ana Pérez Valdés, desenvolvido durante a súa residencia na Cidade da Cultura. O traballo afonda na historia da moda poñendo o foco no auxe da costura doméstica.

Para materializar a investigación, deseñouse unha publicación en formato A4 que emula as revistas de moda históricas que, desde finais do século XIX ata mediados do XX, popularizaron a confección de pezas en máquinas de coser caseiras.

O deseño editorial reproduce o estilo destas publicacións antigas, co emprego de capitulares, grandes titulares centrados e imaxes intercaladas con recortes, ornamentos e marcos.

O concepto da portada nace das antigas rodas selectoras de puntadas para máquinas de coser. Os motivos lineais das costuras estruturan a composición da cuberta e tamén funcionan por separado como elementos ornamentais na maqueta interior.

Deseño: Dardo (Cristina Moralejo)

Este jueves 24 presentaremos en ARCO el último número de DARDOmagazine. Ponemos punto y aparte a este capítulo con este ...
23/02/2022

Este jueves 24 presentaremos en ARCO el último número de DARDOmagazine. Ponemos punto y aparte a este capítulo con este número, que dedicamos a nuestro querido amigo y artista Julião Sarmento con una portada realizada por él en 2011 y hasta ahora inédita. En la otra cara de la revista la protagonista es Mona Hatoum y podremos leer una conversación entre Carolina Grau y ella además de un texto firmado por Guy Brett sobre la artista.

Gracias a todos y todas quienes nos habéis apoyado o acompañado en esta hermosa travesía editorial. DARDOmagazine cierra, pero con el buen sabor de boca de haber propiciado encuentros y complicidades que se quedarán para siempre. DARDO continuará con su labor editorial, publicando libros y fiel a su compromiso con el arte y el diseño, poniendo mayor esfuerzo en el proyecto de la Fundación DIDAC, institución en la que creemos y que ha conseguido convertirse en fundamental.

Muchas gracias por la confianza a todas las personas que habéis sido cómplices escribiendo, diseñando o facilitando nuestra labor.

Este xoves 24 presentaremos en ARCO o derradeiro número de DARDOmagazine. Poñemos punto e aparte a este capítulo con este número, que dedicamos ao noso querido amigo e artista Julião Sarmento cunha portada realizada por el en 2011 e ata o de agora inédita. Na outra cara da revista a protagonista é Mona Hatoum e poderemos ler unha conversa entre Carolina Grau e ela ademais dun texto asinado por Guy Brett sobre a artista.

Grazas a todos e todas quen nos apoiastes ou acompañastes nesta fermosa travesía editorial. DARDOmagazine pecha, pero co bo sabor de boca de ter propiciado encontros e complicidades que quedarán para sempre. DARDO continuará co seu labor editorial, publicando libros e fiel ao seu compromiso coa arte e o deseño, poñendo maior esforzo no proxecto da Fundación DIDAC, institución na que cremos e que conseguiu converterse en fundamental.
Moitas grazas pola confianza a todas as persoas que fostes cómplices escribindo, deseñando ou facilitando o noso labor. @ Santiago de Compostela, Spain

Este jueves 24 presentaremos en ARCO el último número de DARDOmagazine. Ponemos punto y aparte a este capítulo con este ...
23/02/2022

Este jueves 24 presentaremos en ARCO el último número de DARDOmagazine. Ponemos punto y aparte a este capítulo con este número, que dedicamos a nuestro querido amigo y artista Julião Sarmento con una portada realizada por él en 2011 y hasta ahora inédita. En la otra cara de la revista la protagonista es Mona Hatoum y podremos leer una conversación entre Carolina Grau y ella además de un texto firmado por Guy Brett sobre la artista.

Gracias a todos y todas quienes nos habéis apoyado o acompañado en esta hermosa travesía editorial. DARDOmagazine cierra, pero con el buen sabor de boca de haber propiciado encuentros y complicidades que se quedarán para siempre. DARDO continuará con su labor editorial, publicando libros y fiel a su compromiso con el arte y el diseño, poniendo mayor esfuerzo en el proyecto de la Fundación DIDAC, institución en la que creemos y que ha conseguido convertirse en fundamental.

Muchas gracias por la confianza a todas las personas que habéis sido cómplices escribiendo, diseñando o facilitando nuestra labor.

—/////—

Este xoves 24 presentaremos en ARCO o derradeiro número de DARDOmagazine. Poñemos punto e aparte a este capítulo con este número, que dedicamos ao noso querido amigo e artista Julião Sarmento cunha portada realizada por el en 2011 e ata o de agora inédita. Na outra cara da revista a protagonista é Mona Hatoum e poderemos ler unha conversa entre Carolina Grau e ela ademais dun texto asinado por Guy Brett sobre a artista.

Grazas a todos e todas quen nos apoiastes ou acompañastes nesta fermosa travesía editorial. DARDOmagazine pecha, pero co bo sabor de boca de ter propiciado encontros e complicidades que quedarán para sempre. DARDO continuará co seu labor editorial, publicando libros e fiel ao seu compromiso coa arte e o deseño, poñendo maior esforzo no proxecto da Fundación DIDAC, institución na que cremos e que conseguiu converterse en fundamental.
Moitas grazas pola confianza a todas as persoas que fostes cómplices escribindo, deseñando ou facilitando o noso labor.

Anuaria de Oro al mejor diseño de una publicación editorial y Anuaria de Oro a la mejor cubierta de un libro, en ambos c...
22/02/2022

Anuaria de Oro al mejor diseño de una publicación editorial y Anuaria de Oro a la mejor cubierta de un libro, en ambos casos por el libro Christian García Bello. Limen, editado por la Fundación DIDAC.

Al mismo tiempo DARDO ha recibido dos menciones Selección Anuaria al mejor diseño de una publicación editorial por los libros June Crespo. Helmets (editado por la Fundación María José Jove) y Dalí. Litografías de los excesos pantagruélicos (editado por la Fundación Bancaja).

Los libros son trabajos de las diseñadoras de DARDO, Blanca Prol y Cristina Moralejo.
Impresión Alva Gráfica
Encuadernación Legatoria.

@ Santiago de Compostela, Spain

Dirección

Rúa Pérez Costanti, 12, Baixo
Santiago De Compostela
15702

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 18:00
Martes 09:00 - 18:00
Miércoles 09:00 - 18:00
Jueves 09:00 - 20:00
Viernes 09:00 - 20:00

Teléfono

+34881976986

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Dardo publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Dardo:

Compartir