03/06/2026
Hoxe participamos na xornada interna de traballo e reflexión “Da nosa historia ao noso modelo: COGAMI centrada na persoa”, arredor da Atención Integral e Centrada na Persoa (AICP), celebrada no salón de actos do CEGADI.
A AICP é un modelo que pon a persoa no centro, tendo en conta a súa historia, preferencias, necesidades, dereitos e proxecto de vida.
Dende COMBINA seguimos avanzando nunha forma de traballar máis humana, próxima e comprometida, en coherencia cos valores de COGAMI e coa nosa aposta pola inclusión laboral e social.