12/08/2026
✅O 11 de agosto de 2026, a Xunta de Galicia publicou no Diario Oficial de Galicia (DOG) a Orde do 31 de xullo de 2026, pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de Respiro Familiar para persoas coidadoras, así como a súa convocatoria para o ano 2026.
CAL É O OBXECTO DA AXUDA?
Para financiar servizos que permitan substituír temporalmente á persoa coidadora habitual, facilitándolle un período de descanso.
A axuda concédese en réxime de concorrencia non competitiva.
A QUEN VAI DIRIXIDA?
A persoa coidadora habitual non profesional que atenda de maneira continuada a unha ou máis persoas:
con discapacidade; en situación de dependencia; ou con necesidade de axuda de terceiras persoas para as actividades da vida diaria.
A situación da persoa atendida deberá estar acreditada segundo o establecido na convocatoria.
CAL É O PRAZO PARA SOLICITALA?
📅 Do 12 de agosto ao 15 de outubro de 2026.