Vigosónico

Vigosónico VIGOSÓNICO I DISTRITO CREATIVO I CONCELLO DE VIGO

Vigosónico é un gran espazo adicado á música: locais de ensaio, estudio de gravación, sala de concertos...e estará destinado á mocidade viguesa en xeral pero sobre todo a mocidade que se relaciona dalgun xeito coa música: compoñendo, tocando, ensaiando, escoitando...

09/09/2026

🎶 María Ferreiros, Toño López, Martín Martínez e Alex García serán o profesorado de baixo, canto, guitarra e batería para este curso en Vigosónico 👇 Máis información en comentarios.

¡𝗔𝗕𝗘𝗥𝗧𝗢 𝗢 𝗣𝗟𝗔𝗭𝗢 𝗡𝗔 𝗔𝗖𝗔𝗗𝗘𝗠𝗜𝗔 𝗩𝗜𝗚𝗢𝗦Ó𝗡𝗜𝗖𝗢!Se tes ganas de aprender a tocar un instrumento ou mellorar a túa técnica vocal d...
08/09/2026

¡𝗔𝗕𝗘𝗥𝗧𝗢 𝗢 𝗣𝗟𝗔𝗭𝗢 𝗡𝗔 𝗔𝗖𝗔𝗗𝗘𝗠𝗜𝗔 𝗩𝗜𝗚𝗢𝗦Ó𝗡𝗜𝗖𝗢!

Se tes ganas de aprender a tocar un instrumento ou mellorar a túa técnica vocal de xeito totalmente de balde, esta é a túa oportunidade!

Abrimos as inscricións para o noso programa gratuíto de iniciación musical deseñado para persoas a partir dos 10 anos.

¿𝗤𝘂𝗲 𝗽𝗼𝗱𝗲𝘀 𝗮𝗽𝗿𝗲𝗻𝗱𝗲𝗿?
▪ 𝗠𝗮𝗿𝘁𝗲𝘀: Baixo e Canto (técnica vocal).
▪ 𝗠é𝗿𝗰𝗼𝗿𝗲𝘀: Guitarra e Batería.
(As clases son dunha hora de duración durante 14 semanas).

𝗛𝗼𝗿𝗮𝗿𝗶𝗼𝘀 𝗿𝗲𝗰𝗼𝗺𝗲𝗻𝗱𝗮𝗱𝗼𝘀 𝗽𝗼𝗿 𝗶𝗱𝗮𝗱𝗲:
Para garantir que os grupos sexan afíns, recoméndase a seguinte distribución:
▪ 𝗠𝗲𝗻𝗼𝗿𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝗶𝗱𝗮𝗱𝗲: Quendas das 17:00h ou das 18:00h.
▪ 𝗠𝗮𝗶𝗼𝗿𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝗶𝗱𝗮𝗱𝗲: Quendas das 19:00h ou das 20:00h.

▪ 𝗜𝗱𝗮𝗱𝗲𝘀 𝗲 𝗽𝗿𝗲𝗳𝗲𝗿𝗲𝗻𝗰𝗶𝗮 𝗱𝗲 𝗽𝗿𝗮𝘇𝗮: Teñen preferencia as persoas de 10 a 35 anos. Se tes 36 anos ou máis, tamén podes anotarte para cubrir as vacantes!

𝗧𝗿𝗶𝗺𝗲𝘀𝘁𝗿𝗲𝘀:
▪ 𝟭º 𝗧𝗿𝗶𝗺𝗲𝘀𝘁𝗿𝗲: Do 15 de setembro ao 16 de decembro.
▪ 𝟮º 𝗧𝗿𝗶𝗺𝗲𝘀𝘁𝗿𝗲: Do 12 de xaneiro ao 14 de abril.

𝗣𝗿𝗮𝘇𝗼𝘀 𝗶𝗺𝗽𝗼𝗿𝘁𝗮𝗻𝘁𝗲𝘀:
▪ 𝗔𝗽𝗲𝗿𝘁𝘂𝗿𝗮: ¡Xa podes inscribirte desde hoxe mesmo!
▪ 𝗣𝗲𝗰𝗵𝗲: O prazo para o primeiro trimestre remata o vindeiro 12 de setembro.
A inscrición faise para o primeiro trimestre. Se quedas fóra, pasarás automaticamente á lista de agarda para o segundo trimestre.

¡𝗡𝗼𝗻 𝘁𝗲 𝗾𝘂𝗲𝗱𝗲𝘀 𝘀𝗲𝗻 𝗮 𝘁ú𝗮 𝗽𝗿𝗮𝘇𝗮!
Tes toda a información e o enlace na páxina vigosonico.com (pestaña Academia) e xuventudevigo.org

🎸 Hoxe coñecemos a... THE GLADE! 🎸Inscritos como Stuttwalls, a banda viguesa estrea nova identidade: The Glade! Este nom...
01/09/2026

🎸 Hoxe coñecemos a... THE GLADE! 🎸

Inscritos como Stuttwalls, a banda viguesa estrea nova identidade: The Glade! Este nome agocha unha historia moi curiosa, e é que Glade era a serpe pitón 🐍 que tiña a cantante cando era pequena. 

Desde os barrios vigueses de Coia e Teis, e con integrantes chegados de Ferrol e Ordes, nace The Glade. Este grupo de rapaces de entre 19 e 20 anos comezaron o proxecto na Universidade de Vigo 👩🏼‍🎓👨🏻‍🎓👩🏼‍🎓, onde se coñeceron o baixista e as dúas cantantes. Trala incorporación do guitarrista (curmán do baixista) chegou o batería🥁, ao que coñeceron grazas á escola de música. Entre eles deuse unha desas casualidades do destino: o guitarrista e o batería nados en Ferrol, aínda que compartiran clases alí, ¡xamais se dirixiran a palabra ata que coincidiron na banda!

No musical, o seu son viaxa principalmente entre o garage rock e o indie rock, aínda que non se poñen barreiras e adoitan experimentar con outros xéneros. Esa riqueza móstrase tamén nas súas letras; un bo exemplo é "Story", a segunda canción que gravaron, que está inspirada directamente no personaxe de Casandra das troianas de Eurípides.

Se lles preguntas por qué empezaron a tocar, eles téñeno claro: din que recibiron unha chamada ☎️ do mismísimo Noel Gallagher confesando que quedara sen ideas e que precisaba o seu talento para compoñer. Pola nosa parte, cremos 100% na súa palabra... 🤭🇬🇧

Non lles perdades a pista nesta nova etapa como The Glade! 🚀

Vémonos de seguida! Hoxe estamos de regreso en Vigosónico 🚪

-26 RockGalego IndieRock GarageRock XuventudeVigo

🗞️ O Faro de Vigo faise eco do crecemento de VigoSónico e da súa consolidación como espazo de referencia para as bandas ...
29/08/2026

🗞️ O Faro de Vigo faise eco do crecemento de VigoSónico e da súa consolidación como espazo de referencia para as bandas e artistas emerxentes da cidade.

🎸 89 bandas rexistradas a xullo de 2026, formadas por 283 músicas e músicos
🎤 251 alumnas e alumnos nas clases de guitarra, baixo, batería e canto
🏕️ 45 participantes no Laboratorio de Creación Musical
🛠️ 654 participantes en 21 obradoiros
👥 1.205 persoas usuarias únicas
🚪 Máis de 10.000 entradas rexistradas durante 2025
🔥 Un 100 % de ocupación das salas nos primeiros meses de 2026

Detrás de cada cifra hai persoas creando, aprendendo, ensaiando e compartindo música. Grazas a todas as bandas, artistas, alumnado e participantes que facedes de VigoSónico un espazo vivo e cheo de talento.

Moi pronto estaremos de volta das vacacións, con máis música, formación e novos proxectos. Vémonos en VigoSónico! 💙

👉 Le a reportaxe completa no Faro de Vigo: https://www.farodevigo.es/gran-vigo/2026/08/26/vigosonico-local-municipal-ensayo-consolida-133652315.html

Así foi o paso de Coiotas polo estudio de Vigosónico 💽Estes cinco mozos e mozas na vintena forman esta nova banda vigues...
12/08/2026

Así foi o paso de Coiotas polo estudio de Vigosónico 💽

Estes cinco mozos e mozas na vintena forman esta nova banda viguesa.

Aínda que dous integrantes son nados en Fene e Catoira, todos viven nas Travesas e o seu punto de encontro foi COIA, barrio con moita tradición musical, de ahí o seu nome de Coiotas 🐺.

👩🏼‍🎤 Xa na escola, Malena e Eva quedaban para cantar e tocar ata que decidiron formar unha banda completa. Coñeceron a Alba e Daniel a través da escola de interpretación 🎭 e a Luis a través de outro amigo músico.

Compoñen os seus temas tanto en galego como en castelán e falan sobre reflexións con moita sensibilidade e un toque de melancolía.

Aproveitaron a oportunidade de participar en Demosónico para gravar dúas demos:

💿"Dime algo bonito"🫶🏼
💿 "Festa" 🎉

-26

💽 Os máis noviños desta edición de Demosónico son Voice of the Voiceless. Novos en idade pero non en ideais 🫵🏼Adrián, Ed...
24/07/2026

💽 Os máis noviños desta edición de Demosónico son Voice of the Voiceless. Novos en idade pero non en ideais 🫵🏼

Adrián, Eduardo, Iván e Tom son catro rapaces vigueses que se coñeceron a través doutras amizades e grazas a unha moza 🫶🏼, mentres buscaban con quen compartir a súa afición pola música.

O nome da banda xa da pistas de que son grandes fans de Rage Against the Machine, ademáis de inspirarse noutras bandas, pero sempre coa garra e forza 🥁 desta banda.

As súas letras queren expresar a disconformidade e a protesta contra as inxustizas da sociedade actual 💪🏼.

Nesta primera experiencia elexiron a súa canción chamada "Monstruos".

A banda completouse recentemente con Martín e pronto estarán a dar guerra e rompendo 🥁 baquetas ;)

-26

O pasado xoves recibimos a visita de Salvador García, máis coñecido coma Salva Ronko. Actualmente é director de produció...
11/07/2026

O pasado xoves recibimos a visita de Salvador García, máis coñecido coma Salva Ronko. Actualmente é director de produción e emisións das emisoras: Radio Vigo SER, SER Baixo Miño, Los40 Vigo, Los40 Classic Vigo e
Cadena DIAL Rías Baixas.

Na súa presentación aprendimos sobre as novas tendencias de consumo da música e da radio 📻. Vimos como cos datos de escoitas podemos entender mellor ao público.
Saber onde, como e cando escoita a xente é clave para que a nosa música chegue a máis oídos.

Para o público máis fan, moitos/as artistas están a producir a súa música en formatos especiais e coleccionables como vinilos e incluso cassettes 🤯

E para rematar falamos do respeto polo traballo dos demáis, porque o respeto e ser agradecidos axuda a construir relacións e amizades sólidas e duradeiras 🫂.

Despedimos a visita cunha homenaxe a Bonnie Tyler, que visitou a nosa cidade e foi entrevistada por Salva. Falamos sobre a súa aportación á música, a súa enerxía e a súa labor solidaria, todo un exemplo de artista cun corazón enorme ❤️ 🙏🏼

Xornada intensa na recta final do Laboratorio de Creación Musical 🧪Hoxe a nosa mocidade creativa atopouse coa prensa, cá...
08/07/2026

Xornada intensa na recta final do Laboratorio de Creación Musical 🧪

Hoxe a nosa mocidade creativa atopouse coa prensa, cámaras, entrevistas (👀🔍 saímos en 🗞️ e 📺) e unha sorpresa moi especial:

💥O noso Alcalde, Abel Caballero, irrumpiu nas salas de ensaio para ver de preto o traballo das bandas 🤩, charlar e lembrar a importancia de prepararse e estudar. A música é cultura, e por suposto é totalmente compatible cos estudos regrados!
De iso saben moito porque temos futuros enxeñeiros de estradas, avogados, graduados/as en Belas Artes, técnicos e técnicas de son, de imaxe e de todo o que se propoñan. 🤓🧠
Grazas Alcalde por animar á nosa xuventude creativa a ser os mellores do 🌍!!!

Logo nos botaron unha man Mingos Lorenzo, Salva Ronko, Toño López, Álex García, Martiño Toro e remataron o día con María Soa 🥁

Desvelou como son as xornadas de composición de Fillas de Cassandra. Lembrou a importancia do cancioneiro popular galego e de transmitir a nosa cultura.
Nun intre, compuxeron xuntos/as dúas cancións no seu obradoiro de cantigas modernas. Moitas grazas por visitarnos e compartir a túa maxia🪄 coas palabras e coa música 🎵🎵🎵 Concellería de Xuventude - Concello de Vigo

“Podemos convertir nuestra historia, nuestro dolor, en una empatía.”Esta mañana, en el Laboratorio de Creación Musical p...
06/07/2026

“Podemos convertir nuestra historia, nuestro dolor, en una empatía.”

Esta mañana, en el Laboratorio de Creación Musical para a Xuventude, recibimos la visita de Miguel Marcos, que presentó su libro Viaje a la canción perfecta a través de un recorrido por canciones, letras y emociones.

Después de escuchar a Zahara, la conversación nos llevó a una de las claves más profundas de la creación musical: cómo una canción puede transformar una experiencia personal en algo compartido. Cómo lo íntimo, cuando encuentra las palabras y la forma adecuada, puede llegar a otras personas y acompañarlas.

De Billie Eilish a Bob Dylan, pasando por distintas maneras de escribir, cantar y sentir, Miguel fue señalando las partes de una canción: la letra, la estructura, la emoción, el punto de vista y esa búsqueda difícil de equilibrio entre oficio y verdad.

Una mañana para escuchar de otra manera y entender que componer también es aprender a mirar hacia dentro para poder conectar hacia fuera.

Gracias, Miguel, por compartir este viaje con el alumnado del Laboratorio.

Así foron os primeiros días no Laboratorio de Creación Musical!Estiveron de visita artistas e profesionais como  Javier ...
04/07/2026

Así foron os primeiros días no Laboratorio de Creación Musical!

Estiveron de visita artistas e profesionais como Javier de la Torre e M I N G O S

Nestes obradoiros falamos con María Ferreirós sobre a súa experiencia de sentirse un bicho raro -e a de tanta xente con sensibilidade- e cómo xestionalo a través da música e da composición.

Javier de la Torre, mestre en EISV de caracterización entre outras especialidades, nos mostrou artistas da historia da música e a importancia do seu estilismo, tendencias e modas. Ademáis deixou algún tip para crear o teu personaxe e inspirarte con IA.

Mingos Lorenzo, profesional da composición para multinacionais, nos explicou a estructura que pode ter unha canción e datos curiosos como qué é o "hook" dunha canción ou qué fai un "topliner", así como os distintos papeis dentro dun encontro de composición e na industria musical.

Dirección

EStrada Do Portal S/n
Vigo
36313

Horario de Apertura

Martes 16:30 - 21:00
Miércoles 16:30 - 21:00
Jueves 16:30 - 21:00
Viernes 16:30 - 21:00
Sábado 16:30 - 21:00
Domingo 16:30 - 21:00

Teléfono

+34986616388

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Vigosónico publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Vigosónico:

Atajos

Compartir