Desoños

Desoños Estudio de comunicación visual especializado en identidade corporativa. www.desonhos.gal

🌊Marca&Web para Innovations for Ocean Action🐠A Fundación Innovations for Ocean Action é unha ONG global que traballa par...
13/05/2026

🌊Marca&Web para Innovations for Ocean Action

🐠A Fundación Innovations for Ocean Action é unha ONG global que traballa para protexer os océanos, promover sistemas alimentarios xustos e impulsar economías mariñas prósperas e inclusivas.

🐋Precisaban unha identidade limpa, armónica, sólida e, á súa vez, dinámica. A partir das letras da palabra OCEAN, deseñamos figuras orgánicas e irregulares, coma se as letras se mergullasen no mar e, ao mollalas, se expandisen coma esponxas. Este enfoque achégalle á marca unha sensación de movemento e adaptabilidade, reflectindo a súa capacidade para transformarse.

🪸Estas figuras convértense en elemento discursivo da marca, utilizándose tanto como pezas individuais como parte de composicións nas que se inclúen nelas fotografías, texto...

Que opinas? 👀💧

Impresións de Castelao en Vigo📍✨ A exposición amosa a relación de Castelao coa cidade, onde se imprime e publica a maior...
20/02/2026

Impresións de Castelao en Vigo📍

✨ A exposición amosa a relación de Castelao coa cidade, onde se imprime e publica a maior parte da súa obra. Xornais como o “Galicia”, “El Pueblo Gallego” ou “Faro de Vigo”, e a revista “Vida Gallega” mostraron as súas ilustracións en distintas etapas.

📰 O deseño da mostra contextualiza esta relación cunha montaxe, realizada enteiramente en papel, que representa alegoricamente a rotativa dun xornal.

➡️ máis fotos no noso perfil!

Unha árbore de historias 🌳📖📚O obxectivo deste libro é servir como escolma dun século de literatura infantil e xuvenil en...
05/12/2025

Unha árbore de historias 🌳📖

📚O obxectivo deste libro é servir como escolma dun século de literatura infantil e xuvenil en lingua galega e deixar constancia da exposición que co mesmo título celebrárase un ano atrás. O texto utiliza o concepto de árbore que vai configurando a súa follaxe ao longo do tempo con historias, as que contan os libros.

🌱Unha publicación que a pesar da súa complexidade técnica móstrase honesta e sinxela, reforzando a metáfora da «árbore de historias» en cada detalle.

🧩Galicia xa conta cunha publicación de gran impacto visual que recolle un anaco da súa historia dun xeito ameno e divulgativo que facilita a elección das lecturas da rapazada a familias e docentes, e ao público xuvenil.

Espazos Efémeros.🏡 📍O obxectivo da creación destes espazos temporais é revitalizar o comercio de proximidade e conectar ...
28/11/2025

Espazos Efémeros.🏡

📍O obxectivo da creación destes espazos temporais é revitalizar o comercio de proximidade e conectar co territorio, o produto local e a comunidade. A través de encontros entre produtores, artesáns, artistas e veciñanza, xorde unha rede viva que activa espazos flexibles nos que conviven creatividade, aprendizaxe e participación colectiva. Aparecen, transforman e desaparecen, deixando sempre unha pegada significativa no tecido social e cultural.

🖊️A marca xira ao redor do efecto positivo/negativo do E, que referencia a idea de que algo é efémero: non se pode ver á vez o E en positivo e o E en negativo. A partir deste elemento xérase un sistema gráfico de liñas que responden de forma óptima a un universo de marca dinámico, flexible e adaptable.

Un proxecto de 🌱

Dirección

Urzaiz 8, 1º
Vigo
36201

Horario de Apertura

Lunes 08:00 - 15:00
Martes 08:00 - 15:00
Miércoles 08:00 - 15:00
Jueves 08:00 - 15:00
Viernes 08:00 - 15:00

Teléfono

+34986470507

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Desoños publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Desoños:

Compartir