O Cable Inglés

O Cable Inglés Somos cooperativa. Creamos, deseñamos, comunicamos, e producimos proxectos sostibles, implicados co territorio e coa comunidade

O Cable Inglés nace coa idea de dar resposta ás demandas culturais dun xeito integral. O noso obxectivo é propoñer solucións a medida, capaces de integrar cantos servizos sexan precisos para levar a bo termo cada experiencia cultural. Rescatamos o noso nome dun dos episodios máis descoñecidos da Historia de Galicia, porén tamén un dos máis frutíferos dende o punto de vista cultural, social, deportivo e económico. O tal suceso comezou en 1873, cando a ETC Eastern Telegraph Company se instalou na cidade de Vigo para tender o primeiro cable telegráfico submarino que unía o continente europeo co resto do mundo. Durante máis dun século Vigo foi a porta de entrada a Europa de todos os grandes acontecementos internacionais. Nas faldas do monte do Castro instalouse unha comunidade británica que durante máis de cen anos transformou as dinámicas da cidade e fixo grandes achegas ao noso patrimonio inmaterial. Daquela dicíase que en Vigo ata as criadas falaban inglés, un dicir popular que viña a confirmar a grande importancia que esta comunidade tiña na cidade naquel momento. O Cable Inglés tamén trouxo o fútbol, o tenis, a cervexa e o viño do Porto, pero sobre todo trouxo cultura. Por debaixo do mar Galicia comunicábase co mundo. En 2012 O Cable Inglés Cooperativa Cultural recupera esta parte da nosa memoria como metáfora para crear e comunicar cultura. Xuntando as experiencias de tres profesionais especializadas en xestión, produción, deseño e comunicación, O Cable Inglés ofrece servizos de xestión integral de proxectos culturais sostibles e implicados co territorio e cos seus habitantes.

🌍 Que precisa un proxecto cultural para medrar?Nunhas semanas viaxamos ata Angola para formar parte do KINDA, un program...
09/09/2026

🌍 Que precisa un proxecto cultural para medrar?

Nunhas semanas viaxamos ata Angola para formar parte do KINDA, un programa de fortalecemento e conexión para proxectos culturais emerxentes.

💡 Dentro do programa, achegaremos a nosa experiencia en comunicación cultural para traballar con profesionais das industrias culturais e creativas arredor de ferramentas e estratexias para desenvolver e comunicar os seus proxectos.

🤝 Porque comunicar tamén é construír: pensar como queremos contar o que facemos, a quen queremos chegar e que queremos activar a través diso.

💛 Estamos moi felices porque o noso traballo poida viaxar a outros contextos, compartir o que sabemos e, sobre todo, aprender doutras formas de facer e entender a cultura.

➡️ KINDA é un proxecto de cooperación internacional que desenvolvemos para a Embaixada de España en Angola e a Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID) coa colaboración de dúas entidades parceiras no territorio: o Teatro Elinga e a ANICC.

Hai festivais que se comunican. E hai festivais que, mentres os contas, tamén te atravesan. 💛🎷Rematamos a 10ª edición de...
18/08/2026

Hai festivais que se comunican. E hai festivais que, mentres os contas, tamén te atravesan. 💛🎷

Rematamos a 10ª edición de Jazz de Ría coa sensación de ter acompañado algo que vai moito máis alá dunha programación de concertos: unha comunidade que leva dez anos medrando arredor da música, do territorio e dunha maneira diferente de entender a cultura.

Foron cinco días intensos, cunha fantástica resposta de público en Cedeira, Valdoviño, Narón e Neda. Seguidores e seguidoras fieis, veciñanza que sente o festival como propio e persoas que o descobren por primeira vez. Un público diverso que encheu concertos, roteiros, visitas e encontros e que é unha das maiores conquistas destes dez anos.

Desde a comunicación tivemos ademais a alegría de comprobar como Jazz de Ría chegou moi lonxe: medios, radios, televisións, prensa escrita e dixital e redes sociais fixéronse eco dunha edición moi especial, levando fóra da Costa Ártabra esa historia que conecta a tradición oral galega con Miles Davis e dando visibilidade a unha programación construída con criterio e coa vontade de poñer ao mesmo nivel a artistas de aquí e de fóra.

Detrás de todo isto hai moitísimas persoas. Grazas a luneda producións e a toda a equipa que fai posible Jazz de Ría pola confianza e por deixarnos formar parte desta aventura; a Pilar Trebolle, polo traballo compartido; e a Rocío Cibes, por poñerlle imaxes 📸 —como as deste carrusel— a tantos momentos que xa forman parte da memoria do festival.

Grazas tamén aos concellos de Narón, Neda, Valdoviño, e Cedeira, á Cultura da Deputación da Coruña e á Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral da Lingua, por facer posible que un proxecto coma este siga medrando e levando música, cultura e comunidade a lugares extraordinarios.

E, sobre todo, grazas ao público. A quen leva dez edicións aí e a quen chegou este ano por primeira vez. A quen escoitou, camiñou, bailou, descubriu paisaxes, compartiu conversas e fixo seu o festival.

Nós tivemos o privilexio de contalo. Agora quedan as imaxes, as historias, os encontros e toda esa música que segue resoando pola ría.

Longa vida a Jazz de Ría. 🎷🌊 Vémonos na seguinte!

Hai festivais que se comunican. E hai festivais que, mentres os contas, tamén te atravesan. 💛🎷Rematamos a 10ª edición de...
17/08/2026

Hai festivais que se comunican. E hai festivais que, mentres os contas, tamén te atravesan. 💛🎷

Rematamos a 10ª edición de Jazz de Ría coa sensación de ter acompañado algo que vai moito máis alá dunha programación de concertos: unha comunidade que leva dez anos medrando arredor da música, do territorio e dunha maneira diferente de entender a cultura.

Foron cinco días intensos, cunha fantástica resposta de público en Cedeira, Valdoviño, Narón e Neda. Seguidores e seguidoras fieis, veciñanza que sente o festival como propio e persoas que o descobren por primeira vez. Un público diverso que encheu concertos, roteiros, visitas e encontros e que é unha das maiores conquistas destes dez anos.

Desde a comunicación tivemos ademais a alegría de comprobar como Jazz de Ría chegou moi lonxe: medios, radios, televisións, prensa escrita e dixital e redes sociais fixéronse eco dunha edición moi especial, levando fóra da Costa Ártabra esa historia que conecta a tradición oral galega con Miles Davis e dando visibilidade a unha programación construída con criterio e coa vontade de poñer ao mesmo nivel a artistas de aquí e de fóra.

Detrás de todo isto hai moitísimas persoas. Grazas a Luneda e a toda a equipa que fai posible Jazz de Ría pola confianza e por deixarnos formar parte desta aventura; a Pilar Trebolle, polo traballo compartido; e a Rocío Cibes, por poñerlle imaxes 📸 —como as deste carrusel— a tantos momentos que xa forman parte da memoria do festival.

Grazas tamén aos concellos de Narón, Neda, Valdoviño, e Cedeira, á Cultura da Deputación da Coruña e á Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral da Lingua, por facer posible que un proxecto coma este siga medrando e levando música, cultura e comunidade a lugares extraordinarios.

E, sobre todo, grazas ao público. A quen leva dez edicións aí e a quen chegou este ano por primeira vez. A quen escoitou, camiñou, bailou, descubriu paisaxes, compartiu conversas e fixo seu o festival.

Nós tivemos o privilexio de contalo. Agora quedan as imaxes, as historias, os encontros e toda esa música que segue resoando pola ría.

Longa vida a Jazz de Ría. 🎷🌊 Vémonos na seguinte!

O pasado martes vivimos un deses encontros que permanecen na memoria. O Salón de Plenos do Concello de Cangas encheuse p...
16/07/2026

O pasado martes vivimos un deses encontros que permanecen na memoria. O Salón de Plenos do Concello de Cangas encheuse para escoitar ás familias de represaliados do penal de San Simón, nunha conversa que comezou coa proxección dun resumo de Aillados e coa presenza do seu director, Antón Caeiro, a quen agradecemos profundamente que compartise con nós este proxecto imprescindible.

❤️ Foi emocionante ver a sala ateigada de persoas e, especialmente, comprobar que entre elas había tamén xente nova comprometida coa recuperación da memoria democrática. Porque a memoria só ten sentido cando se transmite.

🗣️ Ao longo da conversa, Teresa Nores Blanco, Gloria Chapela e Marisa Fernández Besada puxeron voz a historias familiares marcadas pola represión, polo medo e polo silencio. Pero tamén pola resistencia, pola dignidade e pola necesidade de seguir contando o que durante demasiado tempo permaneceu oculto.

📚 As súas palabras deixaron unha idea clara: a verdadeira reparación non chegará só co recoñecemento institucional. Chegará cando nas escolas se ensine o que realmente aconteceu; cando deixemos de falar de "dous bandos" e expliquemos que os fascistas atentaron contra un goberno lexítimo e democraticamente elixido; e cando a propia illa de San Simón se converta nun gran espazo pedagóxico onde as novas xeracións poidan comprender o que alí sucedeu para que nunca máis volva repetirse.

🌱 Porque entender o que aconteceu non nos condena a repetir o pasado. O que nos pon en perigo é precisamente esquecelo.

✊ Memoria contra o fascismo. Memoria para construír unha cultura de paz.

💛 Grazas ao Concello de Cangas do Morrazo e a Memoria Historica 28 de agosto Cangas

MemoriaHistórica

🎨 O luns participamos no I Encontro de Boas Iniciativas Culturais, celebrado no Pazo de Tor dentro do Programa Escola, C...
15/07/2026

🎨 O luns participamos no I Encontro de Boas Iniciativas Culturais, celebrado no Pazo de Tor dentro do Programa Escola, Cultura e Territorio. Unha xornada que reuniu asociacións, colectivos e proxectos culturais do territorio lucense para compartir experiencias, boas prácticas e reflexionar conxuntamente sobre profesionalización cultural, desenvolvemento territorial, patrimonio, transmisión de coñecementos, associacionismo e construción de comunidade.

💬 Nós tivemos a oportunidade de facilitar a última mesa de traballo, centrada na cultura, a participación e a aprendizaxe comunitaria. Xuntas reflexionamos sobre que fai que unha iniciativa cultural sexa quen de crear comunidade, transformar un territorio e manterse viva no tempo. Foi unha palestra chea de luz, con moita xente moza liderando proxectos fermosos que demostran que Lugo é un territorio que latexa, cheo de proxectos culturais que nacen do tecido asociativo e nos que tamén hai relevo xeracional.

✨ Grazas á Vicepresidencia. Deputación de Lugo, Cultura da Deputación da Coruña, Deputación Pontevedra e ao Consello Cultura Galega por impulsar este espazo de encontro que nos vai seguir inspirando con novas accións e moitas oportunidades para continuar tecendo redes.

🫂 Grazas tamén a Encarna Lago González por convidarnos a facer parte deste proceso, a Adela Vázquez por deixarnos estes relatogramas que resumen dun xeito fermosísimo o que foron estas xornadas e á xente bonita que nos acompañou na palestra: Adrián Méndez da Foliada da Fonsagrad, Fancine de Lemos, O Castañazo Rock, Festival Breason, Paula Cabaleiro e a Pepe Penabade e Bernardo Penabade de Teatro das Cortes.

✨ Estamos felices! Cantas cousas poden pasar nunha mañá? Moitísimas!Na xornada "Activa tu idea", que celebramos onte, pu...
10/07/2026

✨ Estamos felices! Cantas cousas poden pasar nunha mañá? Moitísimas!

Na xornada "Activa tu idea", que celebramos onte, puidemos comprobar en directo como do encontro e da conexión entre as persoas participantes xurdiron varias ideas que xa empezan a coller forma como proxectos de emprendemento.

Sabemos que emprender non é doado para ninguén. Por iso emocióanos formar parte dunha iniciativa que acompaña e apoia a persoas para as que ese camiño aínda presenta máis barreiras.

💛 Grazas a todas as persoas que fixeron posible esta xornada e tamén aos medios de comunicación que nos acompañaron para axudarnos a chegar con este proxecto a máis xente.

💡 É mañá! E hoxe queremos achegarche unha das historias que coñeceremos na xornada “Activa tu idea”: a historia do mural...
08/07/2026

💡 É mañá! E hoxe queremos achegarche unha das historias que coñeceremos na xornada “Activa tu idea”: a historia do mural de .

Unha peza que nace dunha idea e dun percorrido de superación e emprendemento que Dani compartirá connosco para amosarnos como a creatividade tamén pode converterse nun proxecto profesional.

Xunto a el, mañá estará para achegarnos recursos e ferramentas que axuden a dar os primeiros pasos á hora de poñer en marcha unha idea.

Unha mañá para escoitar experiencias, compartir aprendizaxes e descubrir novas formas de transformar unha inquietude nun proxecto propio.

Esta xornada, organizada por Inserta Empleo Galicia de , conta coa colaboración de e .vigo, e nós temos a sorte de acompañar este proceso con moito mimo 💛 desde o deseño gráfico, a comunicación, a programación, a produción e a secretaría técnica.

📆 Xoves 9 de xullo
🕐 De 10h a 14h
📍 Espazo MUTA Vigo (.vigo)

Aínda podes inscribirte no formulario da nosa bio ou contactar en [email protected] ou no 664 69 76 11

07/07/2026

Hai historias que comezan cunha vocación. Outras comezan xusto ao contrario: con alguén que non quería saber nada daquilo que acabaría marcando a súa vida.

🍇 María Falcón naceu nunha famila bodegueira do Salnés. Medrou entre viñas. Mentres a rapazada da vila ía á praia no verán, ela tiña que axudar a desfollar as cepas. O viño non era unha paixón, senón unha obriga… Pero ás veces a vida garda os seus propios plans.

🍷📚 Ao mesmo tempo, noutro lugar, Cristina Yagüe facía o camiño contrario. Non chegou ao viño por tradición familiar senón desde a universidade e desde unha fascinación que aínda hoxe conserva intacta.

A que sabe un territorio? Como é ser muller no mundo do viño en Galicia? Podemos falar de matriarcado? Como naceu o proxecto de Anónimas Viticultoras? 💛 Neste episodio de Aquí Faltan Páxinas falamos de todo isto con María e Cristina.

Escoita a conversa completa: https://open.spotify.com/episode/5Pb5mUiipJ1JL9uVRo816g

💡Tes entre 16 e 30 anos, algunha discapacidade e estás no porgrama de Garantía Xuvenil? Tes unha cita en Vigo o 9 de xul...
29/06/2026

💡Tes entre 16 e 30 anos, algunha discapacidade e estás no porgrama de Garantía Xuvenil? Tes unha cita en Vigo o 9 de xullo!

Vén descubrir recursos e ferramentas para emprender o teu proxecto participando en obradoiros prácticos con e coñecer a historia de superación e emprendemento de (muralista).

Inserta Empleo Galicia de é unha entidade que traballa para formar e insertar laboralmente a persoas con discapacidade. O obxectivo desta xornada é fomentar o emprendemento da xente nova que quere poñer en marcha os seus propios proxectos e non sabe como ou por onde comezar.

Da man de e .vigo 💛 temos a sorte de poder acompañar este proceso ocupándonos con mimo do deseño gráfico, a comunicación, a programación, a producción e secretaría técnica. Así que lembra:

📆 xoves 9 de xullo

🕐 de 10h a 14h

📍Espazo MUTA Vigo (.vigo)

📝 Podes inscribirte no formulario da nosa bio ou contactar en [email protected] ou no 664 69 76 11

Onte celebramos en Xinzo de Limia o cuarto e último Escoitadoiro de Migracións e Dereitos Culturais, promovido pola Comi...
17/06/2026

Onte celebramos en Xinzo de Limia o cuarto e último Escoitadoiro de Migracións e Dereitos Culturais, promovido pola Comisión de Xestión e Políticas Culturais do Consello da Cultura Galega 💜✨

Un encontro horizontal para escoitar, compartir e poñer en valor a riqueza da diversidade que habita e constrúe a nosa cultura e o noso territorio 🫂

Foi unha xornada especialmente significativa, na que persoas e colectivos que traballan cada día por unha cultura máis accesible puideron atoparse, intercambiar experiencias e tecer conexións reais. Un espazo de diálogo que tamén favoreceu o encontro entre a cidadanía, o tecido cultural e as persoas responsables das políticas públicas, fortalecendo pontes e abrindo novas posibilidades de colaboración.

Grazas ao Concello de Xinzo de Limia pola súa acollida 🤝

💡 Tras catro xornadas de escoita, no outono xuntarémonos de novo para recompilar todas as ideas que saíron destes encontros.

Dirección

Conde De Torrecedeira, 68, 5B
Vigo
36202

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 14:30
16:00 - 18:30
Martes 09:00 - 14:30
16:00 - 18:30
Miércoles 09:00 - 14:30
16:00 - 18:30
Jueves 09:00 - 14:30
16:00 - 18:30
Viernes 09:00 - 15:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando O Cable Inglés publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a O Cable Inglés:

Atajos

Compartir