Alza Voz de Muller

Alza Voz de Muller Foro de Liderado Feminino no Rural da Costa da Morte.
8 e 9 de maio 2026
Vimianzo - Costa da Morte

10/05/2026

E xa podemos dicilo… Haberá unha 3ª edición de Alza Voz de Muller!!!

Tal e como dixo Mª José Pose, ide anotando a data nas axendas: vémonos de novo o 16 e 17 de abril de 2027 , aquí, en Vimianzo 📍

Seguiremos creando espazos para compartir, reflexionar, conectar e seguir alzando a voz xuntas ✨

Pecha   🤍E marchamos con algo máis importante ca un evento: unha rede.Foron dous días de aprendizaxe, inspiración e enco...
09/05/2026

Pecha 🤍
E marchamos con algo máis importante ca un evento: unha rede.

Foron dous días de aprendizaxe, inspiración e encontros que suman. Dous días para compartir experiencias, abrir conversacións e lembrar que cando unha muller alza a voz, abre camiño para moitas máis.

Grazas a todas as persoas que formastes parte desta edición por facela tan especial ✨

Seguimos. Máis fortes, máis conectadas e con máis ganas ca nunca.



RedeDeMulleres

“E agora que? Redes, alianzas e futuro compartido” 💜Unha dinámica participativa para pechar   pasando da inspiración á a...
09/05/2026

“E agora que? Redes, alianzas e futuro compartido” 💜

Unha dinámica participativa para pechar pasando da inspiración á acción colectiva.

Un espazo para compartir, conectar e seguir tecendo alianzas entre mulleres, porque o futuro tamén se constrúe en comunidade.



RedeDeMulleres

“O sistema non é neutro: barreiras invisibles no emprendemento e no emprego” 💜Unha mesa de diálogo para poñer nome a moi...
09/05/2026

“O sistema non é neutro: barreiras invisibles no emprendemento e no emprego” 💜

Unha mesa de diálogo para poñer nome a moitos dos obstáculos que seguen condicionando as oportunidades profesionais e empresariais das mulleres.

Xunto a Eva López Barrio, Rosa Arcos e Patricia Vilán reflexionamos sobre desigualdade, territorio, conciliación e a necesidade de construír estruturas máis xustas e inclusivas.

Porque o que non se ve, tamén condiciona.



09/05/2026

“Se non te ven, non existes: visibilidade, marca persoal e exposición dixital” 💻✨

Na súa poñencia, falou sobre o medo á exposición e a importancia de ocupar espazo tamén no ámbito dixital.

Porque a moitas mulleres ensináronnos a pasar desapercibidas, cando comunicar, mostrarse e construír unha voz propia tamén é unha forma de liderar e emprender.



09/05/2026

“Non é casual o poder do ritual: o poder dos rituais nun mundo que nos quere esgotadas” ✨

Na súa poñencia, falounos da importancia de recuperar a conexión con nós mesmas nun contexto marcado pola distracción constante, a velocidade e a esixencia permanente.

Unha reflexión arredor dos rituais como ferramentas de coidado, presenza e liderado resiliente nun mundo que moitas veces nos empurra ao esgotamento.

Porque parar tamén pode ser unha forma de resistencia 💜



👉🏻 Abrimos a xornada de hoxe cunha mesa de diálogo que reuniu mulleres de diferentes ideoloxías políticas para compartir...
09/05/2026

👉🏻 Abrimos a xornada de hoxe cunha mesa de diálogo que reuniu mulleres de diferentes ideoloxías políticas para compartir reflexións, experiencias e retos arredor do papel das mulleres na esfera pública.

Grazas a Belén do Campo, Patricia Iglesias e Mercedes Queixas por achegarnos os vosos testemuños. Porque, por enriba das diferenzas, avanzar tamén é crear espazos de escoita, respecto e entendemento.



Primeiro día rematado! 🤍Ideas que removen, conversas que importan, mulleres que inspiran e unha comunidade con ganas de ...
08/05/2026

Primeiro día rematado! 🤍

Ideas que removen, conversas que importan, mulleres que inspiran e unha comunidade con ganas de alzar a voz.

Isto non fixo máis que empezar ✨



✨Mesa de diálogo: “Emprender dende o rural: talento, invisibilidade e resistencia”Helena San Mamede, Candela Martínez e ...
08/05/2026

✨Mesa de diálogo: “Emprender dende o rural: talento, invisibilidade e resistencia”

Helena San Mamede, Candela Martínez e Elena Enjamio conversaron sobre as oportunidades e as barreiras estruturais ás que se enfrontan as mulleres á hora de emprender no rural.



✨ Mesa de diálogo: “Chegar, sosterse e medrar: o prezo e o poder de liderar sendo muller”Conversas necesarias con Cecili...
08/05/2026

✨ Mesa de diálogo: “Chegar, sosterse e medrar: o prezo e o poder de liderar sendo muller”

Conversas necesarias con Cecilia Trancón, Lorena Añón e María Mira sobre liderar en espazos que non foron pensados para nós.



Dirección

Casa Da Cultura De Vimianzo
Vimianzo
15129

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Alza Voz de Muller publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Alza Voz de Muller:

Compartir